domingo, 18 de mayo de 2014

QUE NON CERQUEN NOSOS BOSQUES!

Dende que era pequeniño, bueno, dende que nacín, levo vindo tódolos fins de semana a unha pequena aldea ao lado de Miño, na provincia da Coruña. Non hai un maldito fin de semana no que non vaia. E mais, estou escribindo esta entrada dende alí.

Escribo isto porque se hai unha cosa que me gusta da aldea, é poder ir ir polo monte, polo bosque, descubrir camiños, ir por carreiros, mentres que vas falando cos teus amigos. O outro día comentábase na clase, mais ben dicía Manolo, que estábanse comprando porcións de bosques e estábanse cercando. Agora ben, si, por aquí algunha que outra porción cercada e non me gustaría demasiado que seguira realizándose este fenómeno. Son o primeiro en ir ao monte para pasar unha tarde de relax, pero si se están cercando as leiras ou porcións de bosque, digo eu que será por algo, e é porque a xente non sabe meterse as mans nos petos cando ve as colleitas de outras, e entón para iso cerca a súa finca para que isto non poda ocorrer.

Pero tamén espero que isto non teña demasiado respaldo porque como xa dixen non me gustaría ir 
camiñando polo monte e ter que ir dando voltas para ir evitando os cercados. E supoño que si ten éxito e respaldo, á xente daráselle por por exemplo por comprar porcións de monte que están cerca de civilización e facer lugares de comercio. E se segue a ese paso, non quedara un maldito monte en Galicia. E iso é bastante triste, porque estaríamos destrozando a nosa natureza. Esa natureza da nosa querida Galicia. E cando tivemos que dicir que era esta para nos no primeiro trimestre todo dicíamos que tiñamos unhas paisaxes flipantes, pero si o dos bosques segue este paso, Galicia será unha puta merda. Esta outra cousa pola que non lle veo futuro a Galicia.

Incluso onte que fun con meus amigos á praia acabamos no monte e fixen unhas fotos super cutres e en malísima calidade. Ahí van:






E que se nos quitan os bosques e os lugares por onde pasar, Galicia mórrese, ou polo menos a xente que vive nas aldeas, porque si non podes dar un paseo, nunha aldea se non tes nada que facer eu penso que morrerías do asco na casa, que queres que vos diga.

Teño fe que cando sexa maior Galicia mellore, porque ultimamente estanlle tocando rachas moi malas, e que a industria non toque o verde, e que todos podamos disfrutar da natureza que temos, do contrario, destruírase toda a paisaxe, e de ahí si que Galicia está totalmente acabada, porque si aquí temos o mesmo que hai en Madrid, para que va a molestarse en vir a xente ata aquí?

sábado, 17 de mayo de 2014

Ferrol a través de The Wire


Levaba xa un tempo intentando facer unha entrada como esta pero como supoño que me quedara bastante churro, pois nunca deuxeme por facela antes. O que vou intentar facer é comparar a cidade de Ferrol coa cidade de Baltimore, exposta na serie The Wire.

Hai algunhas series de cousas que no momento no que vía a serie (que o voto eternamente de menos, non hai serie coma esta) e dicía, “jolín, isto parécese demasiado a Ferrol, ¿non?”

A serie de The Wire trata sobre diversos temas de actualidade, facéndolles unha crítica enorme, pero a través dun núcleo principal que son as escoitas dun grupo de policías a diferentes narcotraficantes da zona. En cada temporada se tratan temas diferentes, vou poñer os grandes, porque se poño todos os temas que se tratan nos episodios nin me acordo nin dou a vasto: As drogas, o sector naval, a política, a educación e o periodismo (xa dixen que si esta serie seguira emitindo episodios a día de hoxe tería unha temporada completa centrada nas redes sociais).

Na primeira temporada trátase o tema do narcotráfico. Do tema das drogas non vou falar. É un tema moi universal, aínda de que en Ferrol non esta tan acentuado coma na serie nin de lexos, a menos a simple vista.

Pero a segunda temporada céntrase no porto de Baltimore, e do sector naval. Meu pai traballa en Navantia e supoño que poderedes imaxinar a quen estaba recordando mentres que vía a serie. A temporada conta os trapos sucios do director para que empresa naval siga a flotando, sen dicirlle que non a entrada de diñeiro negro provido das drogas.

Pero bueno, a mi recórdame a Ferrol, porque temos a Navantia, como dixen. Os traballadores xa levan bastantes meses con intensas manifestacións para novos buques e demais cousas que parece que non para de pospoñerse, ademais de todos os despidos colectivos que nalgúns sectores parece que experimentou fai uns meses.

Quero dicir, pola miña parte, que coma Navantia cerre en Ferrol, Ferrol desaparece, Ferrol vaise a puta merda directamente e cerra as súas portas para todo o mundo, porque o centro de Ferrol non é que este preciosamente en auxe.

Na terceira temporada, a serie céntrase na política, e de como un home vai escalando postos para facerse alcalde da cidade, un proxecto que a min flipoume. Non estou moi ao corrente do que fai o alcalde, pero si Iago fai uns meses fixo unha entrada no que o mesmo deixouse uns vinte mil euros (non sei agora a cifra exacta) nuns váteres para o cemiterio é que a Ferrol lle debe sobrar a pasta. Tócate os collóns.

Tamén quero criticar que non fase política de ningún tipo para potenciar o comercial do pequeno empresario no centro de Ferrol, e fago esta entrada Manolo, porque si todos os comercios do centro da cidade seguen cerrando, Ferrol acabara caendo totalmente, e cando eu teña cuarenta anos teño oi seguro de que esta cidade non existira. Porque cada certos meses hai mais e mais tendas que cerran. Incluso hai rúas que tan solo constan de tendas cerradas. Non sei debe de ser que toda a maldita xente prefire ir solo a Odeón, Alcampo, o novo Carrefour...

Ademais as calles están fatal, pero e que mal, mal e tres veces mal. Colle o coche, e entra a Ferrol pola rúa do Sol que parece que o coche váiseche desmontar co paso do tempo. E bueno, non é tan so esa rúa, son moitas mais esparcidas ao longo da cidade. Menos mal que paro o exame de conducir non me meteron por elas, senón moita graza non me faría...

Iso si, eh! En Ferrol sempre hai unha puta obra. Non falla. E tes que ir ao final da cidade a dar a maldita volta para ir ata onde queres ir. É unha vergoña.

A cuarta temporada se centra na educación, e nunha escola pública. Pois ben, o noso colexio eu non sei se recibe diñeiro ou non, porque levamos coa persiana da nosa clase xodida dende o principio do curso, pero preferiuse poñer un cartel de Non subir a arreglala..

E bueno, supoño que todas as escolas publicas están así, porque non hai diñeiro, e isto era un problema ao que o alcade de The Wire tiña que enfrentarse debido a que tiña que recortar e recortar, e non dudaba de facelo na educacción, aínda asi intentaba quedar ven coas cidades exteriores mediante os resultados dun examen que se lle facía a todas as escolas da zona, como para dicirle “Eh, nos va de perlas por aquí”.

Tamén queixarme do material retrógrado que temos nas clases. Os ordenadores do ano catapún, altavoces que distorsionan a morte (o outro día estabamos facendo un exame e oíase fatal), entre un largo de etcéteras. A este paso e si a xente ten diñeiro, non durara en meter aos seus fillos na privada, e se a cousa ten éxito, adeus a educación pública en Galicia.

Na última temporada o tema son os medios de comunicación, en especial a prensa e coma esta e algúns dos seus periodistas válense de mentiras para chear os seus artículos.

Non podo falar desto, no que concirne a Ferrol. Aínda así diría que si The Wire emitirase a día de hoxe esta temporada en vez de no periodismo centraríase nas redes sociais, as cales están destruíndo as nosas relacións...

Aquí remata a miña comparación. Con isto viño a dicir que veo (ao igual que o de Galicia por compreto) o futuro de Ferrol negro: As tendas centras, o sector naval en crise, a cidade feita unha merda...

Gustaríame que alguén déseme as súas expectativas acerca de que pasará con Ferrol en vinte e cinco anos, eu xa o digo: Che espera un futuro moi negro.


PD: Claramente recomendo a serie encarecidamente...

A rede social

Este tema do que vou falar a continuación quizá sexa un tanto universal nos nosos tempos e non concirne so a Galicia, pero vou falar do tema porque cada vez que saio a calle veo a xente mirando para abaixo, para o seu teléfono móbil, e sen diante ven un coche a todo ostia e se vai estampar contra el/ela nin a mirada levantan... Vou falar sobre as redes sociais, e non precisamente da peli do meu querido David Fincher...

Recordo cando era un neno bastante pequeno e tiña trece anos pero sen embargo, marquei no Tuenti que tiña catorce anos. Supoño que non fun o único en facelo. Era a polla. O do Tuenti era a puta polla. Saías pola tarde, e logo de saír chegabas a casa e te poñías a volver a falar cos teus amigos. Incluso a algunha xente (non é o meu caso) prefería quedar na casa e falar pola rede social en vez de quedar cos seus amigos cara a cara. Iso si que me parecía un pouco xa enfermizo. Pero como eu de aquela suspendía a mogollón e estaba bastante metido na casa, estaba todo o puto día alí metido.

Iso si, cando estaba cos meus amigos, non se me ocorre coller o móbil e estar falando con outros amigos. Iso e para tomarse o tema a coña, porque se ti quedas cuns amigos, por que diantres andas falando con outros polo móbil? Home, decídete...

Despois de estar uns cantos anos co Tuenti, e deixar un pouco de facerlle caso, vin que existía o WhatsApp. Os teus amigos podían falarte estiveras onde estiveras se tiñas cobertura e conexión a internet. E non, a miña reacción non foi  Fua, chaval,como mola!!!

A miña reacción foi pensar que o de as redes sociais xa pasaba de castaño escuro. Parecíame unha aplicación xa de atrapados totais. Aínda así caín vítima do WhatsApp nos meses posteriores. Aínda así, fai xa uns poucos anos que caín da burra. Falar por este tipo de medios non me fai realmente moita graza, perdeume o chiste. Prefería estar cos meus amigos, ver as caras que poñían cando contaba as cousas, ver a maneira coa que contan as súas historias e non negarme a ler un puto texto.

Iso si, o WhatsApp véxoo ben para quedar un sitio para charlar ou ir dar unha volta. Aínda así, hai xente que utiliza as redes sociais para todo, incluso para ligar. Eso supoño que xa e pasarse. Supoño que no futuro acabaremos todos como o protagonista de Her a este paso... namorados dun sistema operativo (Non, ainda non puiden vela. Recomendáronme que a vira en VO obrigatoriamente porque a presenza de Scarlett Johansson e totalmente auditiva. E claro, en Galicia non hai un puto cine no que proxecten estrenos e en versión orixinal subtitulada).




Agora me gustaría levar este tema un pouco cara a Galicia. Porque xa digo, este tema é moi universal. Cando saio pola calle, mesmamente para ir a clases particulares vexo a xente andando pendente do móbil, pero verei a uns cinco ven por manzana. Eu, que debo de estar obsesionado voume fixando nas súas caras, jeje. Están absortos.

Outra anécdota que pasou nun café e que estaban dúas parellas en diferentes mesas, e en cada parella había un co móvil sen facerlle caso ao outro. Os que non estaban co móbil miráronse entre si e ríronse. Si, a situación é graciosa. Pero o seu trasfondo non. Se saes co teu mozo/moza e estas nun café mirando o móbil sen facerlle nin puñeteiro caso pois vaia graza... Ou quizá eu este tolo. Non sei.

Mesmamente o outro día estando polo Twitter, Porta (o de clase) puxo un vídeo na rede social bastante impactante sobre as redes sociais. Podedes velo aquí.
.
Nel suceden dúas historias: Un home que vai pola calle e encontrase coa muller da súa vida, e con ela pasa a sua vida. A outra historia trata do mesmo home, pero por ir mirando o móbil deixou pasar a esa muller. A verdade é que e bastante impactante, polo menos a min flipoume.

Espero que nos demos conta de todo o dano que estas redes nos están facendo, porque vólvennos asociais, porque preferimos estar diante da pantalla dun ordenador que diante dunha persoa, porque aínda que parece que estamos en contacto con todos os colegas estamos mais solos que Deus...

Incluso nalgúns países xa se está falando de prohibir estas redes sociais. Estou seguro de que se The Wire, non houbese terminado e seguira emitindo episodios a día de hoxe, unha temporada estaría centrada nas redes sociais, porque é que están presentes na vida de todo o mundo, a excepción das persoas moi maiores (que aínda así, algunhas están enganchadas).

Ademais as redes sociais, dende o meu punto de vista, son malísimas para as relacións. Estas todo o día vixiando a outra persoa, pende del/dela, te priva da túa liberdade, pareces que vives totalmente aferrado, e esa sensación acaba cansando, e xa se fixeron enquisas de cantas relaciones rompen as redes sociais ao ano, e crédeme que non son poucas.

Saíde a calle, falade, e deixar o móbil a un lado...

Galicia e o galego sen futuro

Todos os que estamos na clase de Historia de Galicia vivimos (ou polo asistimos regularmente) á comarca de Ferroltera.

Todos damos a asignatura da lingua galega (xa comentei nunha entrada anterior o meu odio car ela, debido a que non nos serve para nada se é chapatoria en estado puro).

O outro día encontrábame eu estudando para a asignatura cando vin que poñía o seguinte: O galego é unha lingua minorizada, pero non minoritaria. Se pon que non é minoritaria pois supoño que será maioritaria... Supoño que terei que preguntar onde é maioritaria esta lingua se tanto medo hai de que desapareza nos próximos anos (xa non falo de cuarenta...).

No colexio, sen contar co profesorado, a lingua galega debe de falarse por tan so uns poucos. Se o penso ben e intento recordar neste ano a cantos vin falar a lingua regularmente so se me veñen dúas persoas á cabeza.
Contando con que a xente maior é a que mais uso fai da lingua, e estes uns anos desaparecerán, pois si, eu o futuro da lingua o vexo ven negro.

Si, sei que ao principio do curso cando Manolo mandounos escribir unha redación preguntándonos o que era Galicia pra nos, dixen que o galego era unha lingua de gañanes e que so se falaba nas aldeas e ademais tiña un acento do mais horrendo. Estou bastante arrepentido disto, e non o digo por facer a pelota nin moito menos.

Como dicía, vexo o futuro da lingua demasiado negro, é isto (de verdade) non é algo que me agrade, aínda eu persoalmente non faga uso da lingua. Quero dicir, me parecería xenial que ao longo do tempo cada persoa galega puidera elixir entre ambos dous idiomas, o que mais lle guste. Porque si se perdera o galego, Galicia perdería moitísima cultura.

Penso que gran parte de que non falemos galegos é que crecimos co castelán e que noso ambiente tamén móvese en ámbitos casteláns. Eu vou ás tendas (a excepción de Sargadelos, supoño) e me falan en castelán. Aparte disto, e é algo que falouse na clase, moitos de nos confundimos a lingua coa asignatura, á que tanto odio lle temos. Creo que me incluío no saco.

Aparte, tampouco e que nos, os xoves nos opoñámonos a falalo, é que tan pouco os medios nos dan nada para falalo. A televisión galega... ¿Qué merda dan en esa cadea para a xuventude? Creo que a súa programación e totalmente para a xente vella, porque non dan outra couso co puto Luar, o cal ven as catro vellas do monte de vete a tomar polo cú.


Cando morre Gayoso, o TVG vaisa a tomar vento, palabra. É mais non me estrañaría que seguiran co maldito programa e con Gayoso presentadoó mediante un holograma. E se non esperade...
O único bo que vin nos últimos anos, a única iniciativa boa e que emitiuse a serie Breaking Bad durante unha temporada. Pero non sei que pasou con el, porque non volvín saber nada dela con respeto a televisión galega.



Ademais cando eu vou a comprar un dvd que me gusta, na zona de Galicia, (sendo alguén que ve as películas e series na súa versión orixinal), non teño a opción de poñer os subtítulos en galego, pero sen embargo si os podo poñer unha morea de linguas que non falarei na vida. Que conste, aunque os houbera en galego non os poñería, resúltame mais fácil o castelán. Aínda así supoño que moita xente preferiría esta opción (porque quere aprender mais vocabulario galego, ou porque é esta a lingua na que fala) e esta opción non se lles da.

Tamén penso que o cine galego acabara desaparecendo. Estou seguro de que nuns anos, todo o mundo terá case os mesmos gustos, non terá personalidade e demais e tan so se faga cine comercial. O galego non o é, mostra disto é que so se move por festivais... E aproveito para dicir, que desta maneira ningunha película galega chega as miñas mans, tampouco as busco, pero as francesas, americanas, coreanas e demais si que chegan.

Se me paro a pensar, dentro de cuarenta anos, non creo nin que se exista Galicia. Digo isto porque estamos nunha situación con respeto a nosa lingua moi difícil. A xuventude non quere falalo e ou vese un cambio radical ou penso que mal vamos. Pero é que dentro duns poucos anos, nos veo nas mesmas, cos galegos nacionalistas de turno dicindo que hai que salvalo galego e blablabla e nin Deus facéndolles puto caso. Vexo iso ou que desapareza a lingua. E repito, como dixen antes: Non me gustaría que esta desaparecera, aínda que eu non o fale, porque hai xente que si a fala e sen isto faltaría un pilar troncal do Galego.

Ademais as gráficas reflicten que cada vez veñen menos veraneantes a pasar os veráns en Galicia. O profesor está aferrado na idea de que isto e por motivo do feísmo... Quizá.

Pero da tamén a casualidade que durante este inverno, en Galicia sucedéronse moitas tormentas que viñeron arrasando con portos, praias. Cicloxénesis o chaman. Poño o exemplo da praia de Miño, porque a tormenta arrosou co seu porto, paseo, prai e esta todo feito un meirande merda e estase acercando verano e ninguén o limpa... ¿quén vai querer pegarse un viaxe da de Deus no coche para vir a un praia que esta feita una merda?




E supoño que non será a única praia a que lle pase isto. E cada ano, todo vai a peor. Non mellora. Tampouco fase gran cousa, a xente lle vale con ter un móbil a man e pista. Bueno, a mi me basta con ir ao cine, así que supoño que moito non poderei criticar, pero bótolle a culpa aos concellos, porque non fan nada por limpar todos os destrozos que a nai natureza esta deixando...

E por cousas como esta, vexo o futuro de Galicia tan negro. Espero e de verdade espero, que este moi equivocado e que no futuro Galicia vai ven politicamente, economicamente, xeograficamente, etc.

Pero como avanzan as cousas, eu vexo as cousas demasiado en negro, porque a xente tan so lle importa o seu, que mais da o que van a recoller nosos fillos ho...

domingo, 20 de abril de 2014


David Rubín é un animador e historietista español, o cal naceu en Ourense en 1977. Estudou deseño gráfico e foi o codirector da película El espíritu del bosque, que é a secuela de esa película que casa todos nos vimos na nosa infancia: El bosque animado. Ten un blog no que ensina o proceso de creación dalgúns dos seus cómics titulado "de tripas corazón". Podedes aceder a el, pinchando aquí.

Isto do cómic (e ademais en Galicia) é para min como á fotografía. Non teño nin puñeteira idea. Non é que me guste demasiado, a verdade. Aínda así gustábame mais cando era pequeno. Lía cómics de Marvel que tiña meu pai, as xoias literarias que tiña o meu pai, os de Zagor que encontrei no diván da casa dos meus avós e que foron dos meus tíos, o mítico Tintín, e algunha que outra obra de Fran Miller coma Sin City ou 300. Logo diso lin manga, pero agora non é que me gusten ningunha das dúas cousas demasiado.

Entre as obras de Rubín podemos encontrar cousas coma: El circo del desaliento, Corazón de tormentas, La tetería del Oso Malayo, unha adaptación de Beowulf, e dous libros de El heroe.

Ei lin o primeiro dos do Heroe. A historia é simple: Unha nai que é mais ou menos unha deusa vai dar a luz a dous fillos. Pero advíntenlle que é o que naza primeiro terá sometido ao segundo. A partir de ahí, e cuns anos de posterioridade o fillo maior que é (creo, no me lembro moi ben) o rei da sua cidade, manda ao seu irmán maior sempre a que vaia matar monstros que ameazan o seu palacio o os de outros reis, para que os monstros acaben coa vida do seu irmán. Pero nada, o seu irmán é indestrutible, o al menos iso parece.

O irmán maior é Euristeo, mentres que é o pequeno e bo é Heracles. Ista historieta básase no mito dos Doce traballos de Heracles. Como non sei o que é o busco na Wikipedia: Zeus, tras deixar embarazada a Alcmena, que sería así mai de Heracles, proclamou que o próximo fillo nacido na casa de Perseo convertiríase en rei. Ao oír isto Hera, a esposa de Zeus, fixo que Euristeo nazera dous meses antes, pois pertencía á casa de Perseo, ao igual que Heracles, a quen fixo nacer con tres meses de retraso. Cando Zeus advirtiu o que o sucedeu montou en cólera, pero, non obstante, sua imprudente proclama seguiu en pe.
Nun ataque de locura provocado por Hera, Heracles matou a su muller, seus fillos e a dous dos seus sobriños coas súas propias manos. Cando recuperou a cordura e advirtiu o que fixera aislouse do mundo e foise a vivir so as terras salvaxes. Encontrado polo seu irmán Ificles e convencido de que visitase o oráculo de Delfos. En penitencia por ista execrable acción, a sibila délfica díxolle que tiña que levar a cabo una serie de doce traballos que dispusiera Euristeo, o home que usurpara seu lexítimo dereito á coroa e a quen más odiaba.

Manolo díxonos que David Rubín era un home que sempre estaba de mala leche e que quería plasmar iso nas súas historietas mediante personaxes que din palabrotas, que sempre están fumando, que están loitando ou incluso xodendo.

Aparte disto, temos que contar con que David non é un escritor que escriba de maneira lineal, quero dicir, nunha páxina nos verás sempre nove viñetas, senón que facilmente rompe os esquemas, e ao millor tan so hai unha.¡, na que un personaxe lle arrea un bofetón a outro, ou se cabrea con el.

Pero bueno, no vídeo que púxonos na clase acerca del, Radiografía dun autor de tebeos (dirixido por Marcos Nine), a min non me pareceu un tipo que estivera de tal mala hostia. Por exemplo, mostrábase aberto coa sempre que viña a comprar os seus libros, cos que lle pedían unhas firmas, etc. Claro está que eu non o coñezo persoalmente é que estou falando desde a impresión que o vídeo deume a min.


Agora quero falar un pouco de cousas que vin nas súas viñetas, é dicir, como influencias ou incluso homenaxes a outras obras ou películas.



A viñeta de enriba recordarme moito a Sin City. É unha película dirixida por Robert Rodriguez e Frank Miller, inspirada plano a plano en cada viñeta do cómic. En ambas encóntrase no baño, home e muller, na mesma posición, o home cheo de vendas...



O mesmo de antes: No baño, un home, con esas tiritas pequenas brancas arredor do seu corpo e asua cara... Estan dous de enriba están sacadas de El círculo del desaliento. As de abaxio, de El heroe.


Esta recordarme a Kill Bill (de Quentin Tarantino). Un maestro, o seu aprendiz, o moble para gardar as espadas que sae na imaxe de abaixo, a postura da espada... Ista relación é un pouco mais subxectiva ca a anterior, penso eu.


Pero a seguinte é innegable:


Esto recordarme totalmente á película de Disney, Hercules, e ao combate coas hidras. É calcao.




Ao millor tan so son imaxinacións miñas, e son eu o único de ver as relacións entre unhas cousas e outras. Consciente son de que ao millor o home nin veu Sin City, nin Kill Bill, nin nada. Ou que si, e que non estaba pensando nas películas a hora de debuxar o cómic.

E con isto, marcho. Deica outra!










Un pouco de cine

O profesor da asignatura ultimamente púsonos na clase varios exemplos do que estase a facer ultimamente no panorama do cinema galego. Se mal non me lembro púxonos A pegada dos avós, Encallados, algún fragmento de Costa da morte, e a película esa dos nazis na que falan en non sei cantos idiomas distintos. A primeira e mais a última parecéronme un tanto aburridas. A primeira nin me interesa o tema, nin como está filmada, e a outra non me fai nin pizca de gracia... Non digo, non obstante que sexan malas, pero non me gustan.

Xulio Abonjo (Alfonso), Federico Pérez (Pato), Ricardo de Barreiro (Andy). A película conta con cameos como o de Luís Tosar

Asi que veño a falar un pouco sobre as dous do medio. Empezarei por Encallados. O filme está dirixido por Alfonso Zarauza. Como non o coñezo de nada busco o seu nome en Google e me aparece esto: Guionista e director, fixo ambos labores en cinco curtas feitas en Galicia e escribiu unha longametraxe coproducida entre Brasil e Cuba. Titulada "Minerva é nome de mulher" (dir.Wolney Oliveira), rodouse en 2005 en Fortaleza (Brasil). Desde 2001 é director de desenvolvemento de proxectos da produtora madrileña Iroko Films. Dirixiu multitude de videoclips, anuncios e "así se fixo". Traballa de analista de guións de longas. Foi primeiro axudante de dirección na longa documental "Machín toda una vida" (2002).

Encallados, é un filme que fala do Prestixe, pero faino dunha forma moi particular a cal da motivo a diversas capas de lectura da película. A historia conta o proceso mediante o cal un produtor lle encarga unha película a un director, que non ten moito éxito, porque non lle queda outra. O director intenta desfacerse do encargo, pero o produtor o ameaza. A película ten que tratar sobre o Prestixe, sobre o desastre que causou. A partir dese momento comezara un viaxe na que dos dous guionistas da película e mais o director intentarán facer a película.

Como dixen antes hai varias capas de lectura: A primeira vista podemos atoparnos cunha crítica ao desastre do Prestixe e ao país en xeral. Tamén queda impreso na película as dificultades que estes directos galegos teñen a hora de facer unha película debido ao presuposto (aínda que este tema é bastante universal), como o director quere facer unha cousa pero o produtor dille que non debido a que e o seu diñeiro o que está en xogo a facer a película.


Aparte disto a película está grabada en branco e negro, o que fai que a súa fotografía mellore. E tecnicamente é impecable: A posta en escena, os planos largos (que ten o seu mérito facelos nun mundo no que a maioría de películas teñen planos de cinco segundos como máximo). Aparte diso os actores están correctos.

Proba irrefutable de que a película gustoume foi a posterior pegada que ten está película no vídeo que fixemos eu e mais Brandán para clase, sobre o tema de rebeldía, aínda que quedara un churro.

Aquí podemos ver ao director, grabando un dos primeros planos da película

En canto a outra película Costa da morte (dirixida por Lois Patiño), que mais que unha película ven sendo un documental ,non podo falar demasiado porque non a vin completa. Vin os primeiros trinta minutos, porque encontrábame so na casa sen nada que facer (aínda que xa sei que neste curso sempre hai algo que facer...), e púxenme a vela empezar a atrapoume pero chegaron os meus pais a casa e para estar vendo a película mentres que hai ruídos de fondos pasei...

Eu pensaba que Costa... era unha película e non un documental. Como documental eu penso que é bastante innovador porque a partir de planos fixos largos que parecen cadros e voces en off, o director fai un retrato contemplativo e obxetivo da Costa da Morte, porque a partir dos diálogos das persoas en off e do que ves na pantalla podes sacar as túas propias conclusións en vez de un documental clásico totalmente mastigado no que te explican todo. É dicir, nesta película-documental non hai entrevistas, non hai planos explicativos do lugar, etc; con esto evítase todo o relacionado con xénero. Desta forma cada espectador sacara as súas propias conclusións acerca dos sucesos que vanse alternando na pantalla.


Pero aínda así e aínda que diga que esta ben, que rompe os esquemas e demais non é unha idea que me atraia moito, porque non me imaxino a min vendo esta película dez veces na miña vida. Penso que con unha ou dúas veces ven lle chega, así que supoño que algo falla... (ou faio eu, que será o mais seguro, debido a que non me interesa a Costa da morte). E non o digo porque non me guste, aclaro. Os que non opinen igual que lle voten collóns e que a vexan unhas cantas veces a ver que divertido é o asunto.

Quero dicir algo, e este algo é para protexernos un pouco. Sendo unha persoa á que lle gusta o cine, nunca vexo ningún cartel, ningún anuncio, ningunha película galega na cartelera. Quero dicir, é como si non existise nos medios. Se comentaba na clase que case ninguén vía películas galegas... tampouco chegan as nosas mans como outros produtos españois, europeos ou americanos.

Tamén comentaba con Iago o outro día que aquí en Galicia e en España faltan temas de interese. O explico dende o meu punto de vista: Non hai nada que me impulse a ver unha película galega ou española porque non abordan temas do meu interese. E non o xeneralizo hai películas feitas aquí que me gustan, pero paréceme que o asunto non funciona e non chega ás nosas mans. As películas españolas son case todas comedias. Os actores principais sobreactuan, dende o meu modo de ver. Ao mellor é que estou cheo de prexuízos, non sei...



miércoles, 16 de abril de 2014

Un, dous, tres...PATACA!


A verdade é que non teño moita idea de fotografía, por iso non tiña para nada planeado facer unha entrada sobre este tema. Pero decateime de que había dúas fotógrafas aficionadas as que estiven seguindo debido a que as tiña agregadas ao Facebook e mesmamente hai moi pouquiño que abriron un blog para que a xente visite as fotos dos lugares onde van a sacar as fotos.

(A esquerda, Karem, a dereita, Cony)

As mulleres da foto, son Cony Anca y Karem Bustabad. Ambas son aficionadas á fotografía e dende hai bastante tempo cada día soben ao Facebook bastantes fotos dos lugares onde van, e ultimamente, como xa dixen, abriron un blog para ir almacenándoas alí. Podedes visitar o blog aquí.

Ultimamente, se non me equivoco, están dedicando o seu tempo á fotografía HDR. Quizais non vos soe pero a mesma fotografía que Peter Jackson and family utilizou para crear o mundo de El hobbit. Esta de aquí é a primeira foto en HDR de Karem:


Para que vexades que non minto, podedes comparala con estas capturas de El hobbit: La desolación de Smaug:




Bueno, non falo máis e deixo que Cony se presente:

Mi nombre es Cony Anca Vetter y soy una aficionada a la fotografía, aunque casi diría que soy una “adicta” a la fotografía. Desde muy pequeña, me gustaba hacer fotos, pero era una afición cara y gracias a la aparición de la fotografía digital, mi afición creció debido a que se abarataron costes. Empecé con una cámara compacta, fui ampliando conocimientos hasta que me pasé a una cámara reflex y ahí sí que se puede decir que llegué a mis objetivos en fotografía. El tipo de fotografía que más hago es el paisaje, sobre todo el paisaje natural, cuanto más rural, mejor. Me encanta encontrar rincones apartados que un día fueron importantes para la vida rural, como pueden ser los molinos, los puentes, etc. Rincones que hoy en día están tristemente abandonados . En mi interior, cuando hago una foto de uno de estos rincones, imagino la vida en el pasado, imagino a la gente trabajando en esos molinos, cruzando esos puentes... y me pregunto por qué se abandonaron todos estos lugares.... Creo que estoy influenciada por mi padre. Él emigró a los 19 años, se fue de Galicia y cruzó el Atlántico. Dejó su aldea y llegó a una gran urbe, Sâo Paulo. Y por increíble que parezca, siempre echó de menos su aldea, esa tranquilidad, esos paisajes . Me inculcó el amor a la naturaleza y continúo así. Me encanta el paisaje gallego, pocos lugares disponen de una variedad de colores tan amplia.Sobre todo en otoño y en primavera. También hago fotografía nocturna... Ese es un mundo aparte, ggg. Este tipo de fotografía me transmite calma... Una tranquilidad infinita... Acostumbraba a compartir mis fotos con mis amigos de las redes sociales como puede ser facebook y un día pensé que podía compartirlas con un público mucho más amplio. Así que decidí hacerme un blog. Necesité la ayuda de Karem puesto que ella es esperta en esto de los bloggs. Ella me ayudó a diseñarlo. Mi objetivo no es conseguir un número elevado de visitas, sino que me gustaría que mis fotos llegasen a ojos de personas que por cualquier motivo no pueden visitar los lugares que yo visito. Tengo visitas de emigrantes que están lejos de su tierra, gente que algún día pasaba por estos rincones, mis rincones favoritos... 

El blog fue creado hace apenas 2 semanas , sólo tiene tres entradas y poco a poco iré incorporando más.

Aquí vos van unhas fotos dela:

Faro do Cabo Ortegal

Muíño do Castelo, Narahío

Praia de Valdoviño



Ferrol, Narón e Neda, dende Coto do Rei

Fervenza do Castelo, Narahío-San Sadurniño

Muíño das Painceiras, Bermuy, As pontes

Esta es una foto muy especial para mí, es una foto que no tiene buena calidad, pero refleja todo lo que escribí arriba, aún no está subída en el blog. Es una foto que hicimos un día que fuimos a visitar un molino al que iba mi padre cuando era niño.
Resulta que llegamos al molino y mi padre se puso a mirar la puerta del molino, la miraba con una linterna y no entendíamos que buscaba hasta que nos llamó y pudimos ver el nombre de mi padre escrito en la puerta... Escribió su nombre allí cuando tenía 14 años... hoy tiene 76... imagínate la ilusión mía y de Karem al encontrar esta firma, dice Cony.

Esta é a firma. Pon: Constantino Anca.

Praia de Doniños

Serra da Capelada, dende San Andres de Teixido

Área recreativa Pedroso-Narón

Parque etnográfico do río Sesín- A Capela

Parque etnográfico do río Sesín- A Capela.

Estas tres últimas fotos parecen sacadas de El hobbit completamente, dende o meu modo de ver.


Praia de Pantín

En canto á outra fotografa, Karem fíxenlle unhas preguntas:

Háblame un poco del blog.
El blog lo lleva Cony pero yo le ayudo en la parte más técnica ya que ella no conocía la plataforma blogger y yo ya trabajara con ella en clase, también le doy alguna idea a la hora de narrar la historia que describimos en cada lugar. La verdad es que el blog no ha tenido mucha aceptación, bueno entre amigos y eso si, pero ya lo eran las fotos antes de estar en blog, pero supongo que un blog tampoco se hace conocido de la noche al día... hay que tener un poco de paciencia.

¿Qué te gusta de la fotografía? ¿Qué te motiva a la hora de hacer fotos?
De la fotografía me gusta todo jejeje lo que más me gusta, más que hacer fotos en sí, es ir a hacerlas y descubrir lugares que mucha gente no conoce. Esa sensación que da estar en lugar que hace mucho tiempo que nadie visita es indescriptible, o la emoción que se siente al caminar siguiendo el transcurso de un río y de repente encontrar un antiguo molino o un puente viejo, y pensar la de historias que han pasado en esos lugares pone el pelo de punta a cualquiera. Lo que me motiva de la fotografía es poder compartir con la gente la belleza de algunos lugares que a lo mejor no visitan nunca en sus vidas, o mostrar una perspectiva diferente de algo que la gente está acostumbrada a ver, pero les muestras como lo ves tú. Eso es lo que más me gusta


¿Qué es lo que quieres transmitir con tus fotografías?
Con mis fotos intento transmitir lo que siento al ver determinadas escenas, muchas veces no lo consigo porque todavía me queda mucho que aprender pero me gusta poder compartir eso con la gente. Supongo que será parecido a cuando un poeta, un escritor, o un director de cine o de teatro... escriben un poema , un libro, una obra o ruedan una pelicula, todos ellos intentan transmitir sentimientos con sus obras, pues un fotográfo igual, pero a través de sus fotografías.


¿Por qué haces fotos de paisajes gallegos y no de otros?
Hago fotos de paisajes gallegos porque no tienen nada que envidiar a los paisajes que se puedan encontrar por el mundo adelante. Para que voy irme fuera de Galicia si todavía quedan aquí miles de rincones por descubrir y para sorprenderme. Y más que nada porque me gusta mucho hacer fotos y si siempre que quisiera hacerlas me fuera de viaje a otro sitio que no fuera en Galicia, me arruinaría... (comenta entre risas).

Estas son algunhas das súas fotos:


Muíño do Castelo, Narahío


Torre de Hércules, dende o paseo que vai a Portiño
Muíño de Zancarrión, en Bermuy- As pontes

E para despedirme quería dar moitas grazas a ámbalas dúas pola súa tremenda colaboración, tanto á hora das entrevistas coma á hora de elaborar esta entrada, debido a que axudáronme moito...
Espero que teñan moito éxito nas próximas semanas co blog.