sábado, 18 de enero de 2014

Pequena reflexión

Podo dividir a miña familia en dous grupos:
Os primeiros, os da miña familia materna, que serían os que viviron toda a súa vida no campo, e o que isto significa: Unha vida dedicada ao traballo no campo, unha vida bastante dura.
Os segundos, os da miña familia paterna, que viviron practicamente toda a súa vida na cidade, o cal, desde o meu punto de vista e moito mais fácil e entretido.
Despois de facer un contraste coas dúas familias penso que para vivir como os meus antepasados maternos non valería demasiado, ou polo menos non me agradaría demasiado vivir a vida que viviron eles.

Aprendín bastantes cousas, detalles en particular das vidas dos meus antepasados que non sabía, aínda que, como xa dixen vexo a todos os que lles fixen unha entrevista con regularidade, as cales son persoas, pequenas persoas que teñen as súas pequenas historias, as cales pouquiño a pouquiño van conformando esa gran historia que aparece reflexa nos libros.

Felisa Mallo, a dos 95 anos

Esta é a última das miñas entrevistas. Trátase de Felisa Mallo, a miña tía-avoa materna, e dicir, a tía da miña nai. Ela ten 95 anos e vive coa miña avoa Mabel (fíxenlle unha entrevista a ela na entrada anterior), en Bañobre.
Esta penso que foi a entrevista que mais me gustou, ou que mais me influíu, pero non sabería explicar o por qué, non sei se é porque vouna perder proximamente, porque fun coa que mais tiven que participar na entrevista, porque segue conservando eses aires alegres a pesar da súa idade..
Na entrevista pregúntolle sobre a Guerra Civil. Ela tiña 15 anos cando empezou. O seu irmán Pepe (o defunto marido da miña avoa Mabel), combateu na Guerra Civil no bando franquista fora de Galicia. Felisa di que estivo preso durante tres días por parte dos malos, así que supoño que serían os republicanos, xa que ela non mo soubo dicir. Tamén intentou ser monxa, pero ao final acabouno deixando.
Non tiña pensando facerlle a entrevista a ela, debido a que ultimamente ten bastantes problemas para moverse, pero alégrome de facelo, xa que terei un bo recordo de ela, aparte de ser, como xa dixen antes, a entrevista que mais gustoume.

Déixovos con ela:

Mabel Lage Mallo, a comerciante de Pontedeume

Esta vez fíxenlle unha vídeo a miña avoa materna para que me falara da súa vida. Miña avoa chámase Maria Mabel Lage Mallo e naceu no ano 1933. Viviu toda a súa vida no campo, na aldea de Bañobre, preto de Miño, traballando nas leiras, traballando con animais, vendendo parte das colleitas en Pontedeume. Para vender no mercado de Pontedeume desprazábase andando e cargando con todo o que levaba. De Miño a Pontedeume hai ben uns 12 quilómetros, así que a verdade ten o seu mérito facer ese traxecto todos os días. É mais, cando está vendendo na praza, dáse conta de que unha das mulleres as que vendíalle con regularidade era a nai do meu pai, e así foi como se coñeceron. Cóntao no vídeo. Tamén coñecerá alí a alguén que ten bastante que ver coa persoa de Franco, xa veredes. Tamén conta cousas sobre o seu marido, a Guerra, e os seus fillos, netos, etc...
 Non me gustaría vivir a súa vida a verdade. Traballar no campo, non creo que fora moi acorde comigo, aínda cos tempos que vivimos quen sabe se haberá que retornar cara o campo...

Manuel Casteleiro, o currante da Ford

Novamente volvo a facer outro vídeo co meu avó, Guillermo Casteleiro.

Como mis bisavós paternos xa non viven e el sabe bastante cousas acerca deles, fíxenlle outra entrevista para que falárame deles. O que chamoume a atención da historia é que o meu bisavó traballou na fábrica Ford, en Detroit, xunto cando estaba no comercio o famoso Ford T....
Anteriormente tamén estivo en Cuba, e despois de estar en EE.UU., volveu a Galicia.

Guillermo Casteleiro Fernández: Unha infancia no franquismo


Boas! Vos presento ao meu avó Guillermo Casteleiro Fernández.
Fíxenlle unha entrevista para que falárame das cousas que recordaba sobre a Guerra Civil (que por desgraza son poucos, debido a que naceu nese mesmo ano, no 36), e sobre outros detalles da súa vida na etapa franquista.
Xa dende sempre, teño unha boa relación con el, todas as semanas véxoo unhas dúas veces, xa que ben comer a miña a casa, e a casa dos meus avós maternos, así que moitas historias das que conta xa as sabía, en especial, a do cine. A min gústame moito o cine, e tenme moitas veces contado como era na época, e como el e os mais seus amigos ían a facer de todo ao cine, menos a ver as películas que proxectaban. Típico da época. Tamén contoume que os cines sempre tiñan unhas colas inmensas (ao contrario que agora), cando por exemplo, emitían películas dos irmáns Marx. Comento isto, porque cando era pequeno, o meu avó regaloume a película “Os irmáns Marx no Oeste”, a cal e unha película que me encanta e sempre que a vexo acórdome del, como supoño que seguirei facendo cando el xa non este.
Aquí a entrevista:


Por outra banda pedinlle que trouxera unhas fotos da época, que lle gustaran.
Neste vídeo, ensínaas e coméntaas: