Esta é a última
das miñas entrevistas. Trátase de Felisa Mallo, a miña tía-avoa materna, e
dicir, a tía da miña nai. Ela ten 95 anos e vive coa miña avoa Mabel (fíxenlle
unha entrevista a ela na entrada anterior), en Bañobre.
Esta penso que
foi a entrevista que mais me gustou, ou que mais me influíu, pero non sabería
explicar o por qué, non sei se é porque vouna perder proximamente, porque fun
coa que mais tiven que participar na entrevista, porque segue conservando eses
aires alegres a pesar da súa idade..
Na entrevista pregúntolle
sobre a Guerra Civil. Ela tiña 15 anos cando empezou. O seu irmán Pepe (o defunto
marido da miña avoa Mabel), combateu na Guerra Civil no bando franquista fora
de Galicia. Felisa di que estivo preso durante tres días por parte dos malos, así que supoño que serían os
republicanos, xa que ela non mo soubo dicir. Tamén intentou ser monxa, pero ao
final acabouno deixando.
Non tiña pensando
facerlle a entrevista a ela, debido a que ultimamente ten bastantes problemas
para moverse, pero alégrome de facelo, xa que terei un bo recordo de ela, aparte
de ser, como xa dixen antes, a entrevista que mais gustoume.
Déixovos con ela:
No hay comentarios:
Publicar un comentario