Levaba xa un
tempo intentando facer unha entrada como esta pero como supoño que me quedara
bastante churro, pois nunca deuxeme por facela antes. O que vou intentar facer
é comparar a cidade de Ferrol coa cidade de Baltimore, exposta na serie The Wire.
Hai algunhas
series de cousas que no momento no que vía a serie (que o voto eternamente de
menos, non hai serie coma esta) e dicía, “jolín, isto parécese demasiado a
Ferrol, ¿non?”
A serie de The Wire trata sobre diversos temas de
actualidade, facéndolles unha crítica enorme, pero a través dun núcleo
principal que son as escoitas dun grupo de policías a diferentes
narcotraficantes da zona. En cada temporada se tratan temas diferentes, vou
poñer os grandes, porque se poño todos os temas que se tratan nos episodios nin
me acordo nin dou a vasto: As drogas, o sector naval, a política, a educación e
o periodismo (xa dixen que si esta serie seguira emitindo episodios a día de
hoxe tería unha temporada completa centrada nas redes sociais).
Na primeira temporada trátase o tema do narcotráfico. Do tema das
drogas non vou falar. É un tema moi universal, aínda de que en Ferrol non esta
tan acentuado coma na serie nin de lexos, a menos a simple vista.
Pero a segunda temporada céntrase no porto de Baltimore, e do sector
naval. Meu pai traballa en Navantia e supoño que poderedes imaxinar a quen
estaba recordando mentres que vía a serie. A temporada conta os trapos sucios
do director para que empresa naval siga a flotando, sen dicirlle que non a entrada
de diñeiro negro provido das drogas.
Pero bueno, a mi
recórdame a Ferrol, porque temos a Navantia, como dixen. Os traballadores xa
levan bastantes meses con intensas manifestacións para novos buques e demais
cousas que parece que non para de pospoñerse, ademais de todos os despidos
colectivos que nalgúns sectores parece que experimentou fai uns meses.
Quero dicir, pola
miña parte, que coma Navantia cerre en Ferrol, Ferrol desaparece, Ferrol vaise
a puta merda directamente e cerra as súas portas para todo o mundo, porque o
centro de Ferrol non é que este preciosamente en auxe.
Na terceira temporada, a serie céntrase na política, e de como un home
vai escalando postos para facerse alcalde da cidade, un proxecto que a min
flipoume. Non estou moi ao corrente do que fai o alcalde, pero si Iago fai uns
meses fixo unha entrada no que o mesmo deixouse uns vinte mil euros (non sei
agora a cifra exacta) nuns váteres para o cemiterio é que a Ferrol lle debe
sobrar a pasta. Tócate os collóns.
Tamén quero
criticar que non fase política de ningún tipo para potenciar o comercial do
pequeno empresario no centro de Ferrol, e fago esta entrada Manolo, porque si
todos os comercios do centro da cidade seguen cerrando, Ferrol acabara caendo
totalmente, e cando eu teña cuarenta anos teño oi seguro de que esta cidade non
existira. Porque cada certos meses hai mais e mais tendas que cerran. Incluso
hai rúas que tan solo constan de tendas cerradas. Non sei debe de ser que toda
a maldita xente prefire ir solo a Odeón, Alcampo, o novo Carrefour...
Ademais as calles
están fatal, pero e que mal, mal e tres veces mal. Colle o coche, e entra a
Ferrol pola rúa do Sol que parece que o coche váiseche desmontar co paso do
tempo. E bueno, non é tan so esa rúa, son moitas mais esparcidas ao longo da
cidade. Menos mal que paro o exame de conducir non me meteron por elas, senón
moita graza non me faría...
Iso si, eh! En
Ferrol sempre hai unha puta obra. Non falla. E tes que ir ao final da cidade a
dar a maldita volta para ir ata onde queres ir. É unha vergoña.
A cuarta temporada se centra na educación, e nunha escola pública.
Pois ben, o noso colexio eu non sei se recibe diñeiro ou non, porque levamos
coa persiana da nosa clase xodida dende o principio do curso, pero preferiuse
poñer un cartel de Non subir a
arreglala..
E bueno, supoño
que todas as escolas publicas están así, porque non hai diñeiro, e isto era un
problema ao que o alcade de The Wire tiña que enfrentarse debido a que tiña que
recortar e recortar, e non dudaba de facelo na educacción, aínda asi intentaba
quedar ven coas cidades exteriores mediante os resultados dun examen que se lle
facía a todas as escolas da zona, como para dicirle “Eh, nos va de perlas por
aquí”.
Tamén queixarme
do material retrógrado que temos nas clases. Os ordenadores do ano catapún,
altavoces que distorsionan a morte (o outro día estabamos facendo un exame e
oíase fatal), entre un largo de etcéteras. A este paso e si a xente ten
diñeiro, non durara en meter aos seus fillos na privada, e se a cousa ten éxito,
adeus a educación pública en Galicia.
Na última temporada o tema son os medios de comunicación, en especial
a prensa e coma esta e algúns dos seus periodistas válense de mentiras para
chear os seus artículos.
Non podo falar
desto, no que concirne a Ferrol. Aínda así diría que si The Wire emitirase a día de hoxe esta temporada en vez de no
periodismo centraríase nas redes sociais, as cales están destruíndo as nosas
relacións...
Aquí remata a
miña comparación. Con isto viño a dicir que veo (ao igual que o de Galicia por
compreto) o futuro de Ferrol negro: As tendas centras, o sector naval en crise,
a cidade feita unha merda...
Gustaríame que
alguén déseme as súas expectativas acerca de que pasará con Ferrol en vinte e
cinco anos, eu xa o digo: Che espera un futuro moi negro.
PD: Claramente recomendo a serie encarecidamente...