domingo, 18 de mayo de 2014

QUE NON CERQUEN NOSOS BOSQUES!

Dende que era pequeniño, bueno, dende que nacín, levo vindo tódolos fins de semana a unha pequena aldea ao lado de Miño, na provincia da Coruña. Non hai un maldito fin de semana no que non vaia. E mais, estou escribindo esta entrada dende alí.

Escribo isto porque se hai unha cosa que me gusta da aldea, é poder ir ir polo monte, polo bosque, descubrir camiños, ir por carreiros, mentres que vas falando cos teus amigos. O outro día comentábase na clase, mais ben dicía Manolo, que estábanse comprando porcións de bosques e estábanse cercando. Agora ben, si, por aquí algunha que outra porción cercada e non me gustaría demasiado que seguira realizándose este fenómeno. Son o primeiro en ir ao monte para pasar unha tarde de relax, pero si se están cercando as leiras ou porcións de bosque, digo eu que será por algo, e é porque a xente non sabe meterse as mans nos petos cando ve as colleitas de outras, e entón para iso cerca a súa finca para que isto non poda ocorrer.

Pero tamén espero que isto non teña demasiado respaldo porque como xa dixen non me gustaría ir 
camiñando polo monte e ter que ir dando voltas para ir evitando os cercados. E supoño que si ten éxito e respaldo, á xente daráselle por por exemplo por comprar porcións de monte que están cerca de civilización e facer lugares de comercio. E se segue a ese paso, non quedara un maldito monte en Galicia. E iso é bastante triste, porque estaríamos destrozando a nosa natureza. Esa natureza da nosa querida Galicia. E cando tivemos que dicir que era esta para nos no primeiro trimestre todo dicíamos que tiñamos unhas paisaxes flipantes, pero si o dos bosques segue este paso, Galicia será unha puta merda. Esta outra cousa pola que non lle veo futuro a Galicia.

Incluso onte que fun con meus amigos á praia acabamos no monte e fixen unhas fotos super cutres e en malísima calidade. Ahí van:






E que se nos quitan os bosques e os lugares por onde pasar, Galicia mórrese, ou polo menos a xente que vive nas aldeas, porque si non podes dar un paseo, nunha aldea se non tes nada que facer eu penso que morrerías do asco na casa, que queres que vos diga.

Teño fe que cando sexa maior Galicia mellore, porque ultimamente estanlle tocando rachas moi malas, e que a industria non toque o verde, e que todos podamos disfrutar da natureza que temos, do contrario, destruírase toda a paisaxe, e de ahí si que Galicia está totalmente acabada, porque si aquí temos o mesmo que hai en Madrid, para que va a molestarse en vir a xente ata aquí?

No hay comentarios:

Publicar un comentario