sábado, 17 de mayo de 2014

Ferrol a través de The Wire


Levaba xa un tempo intentando facer unha entrada como esta pero como supoño que me quedara bastante churro, pois nunca deuxeme por facela antes. O que vou intentar facer é comparar a cidade de Ferrol coa cidade de Baltimore, exposta na serie The Wire.

Hai algunhas series de cousas que no momento no que vía a serie (que o voto eternamente de menos, non hai serie coma esta) e dicía, “jolín, isto parécese demasiado a Ferrol, ¿non?”

A serie de The Wire trata sobre diversos temas de actualidade, facéndolles unha crítica enorme, pero a través dun núcleo principal que son as escoitas dun grupo de policías a diferentes narcotraficantes da zona. En cada temporada se tratan temas diferentes, vou poñer os grandes, porque se poño todos os temas que se tratan nos episodios nin me acordo nin dou a vasto: As drogas, o sector naval, a política, a educación e o periodismo (xa dixen que si esta serie seguira emitindo episodios a día de hoxe tería unha temporada completa centrada nas redes sociais).

Na primeira temporada trátase o tema do narcotráfico. Do tema das drogas non vou falar. É un tema moi universal, aínda de que en Ferrol non esta tan acentuado coma na serie nin de lexos, a menos a simple vista.

Pero a segunda temporada céntrase no porto de Baltimore, e do sector naval. Meu pai traballa en Navantia e supoño que poderedes imaxinar a quen estaba recordando mentres que vía a serie. A temporada conta os trapos sucios do director para que empresa naval siga a flotando, sen dicirlle que non a entrada de diñeiro negro provido das drogas.

Pero bueno, a mi recórdame a Ferrol, porque temos a Navantia, como dixen. Os traballadores xa levan bastantes meses con intensas manifestacións para novos buques e demais cousas que parece que non para de pospoñerse, ademais de todos os despidos colectivos que nalgúns sectores parece que experimentou fai uns meses.

Quero dicir, pola miña parte, que coma Navantia cerre en Ferrol, Ferrol desaparece, Ferrol vaise a puta merda directamente e cerra as súas portas para todo o mundo, porque o centro de Ferrol non é que este preciosamente en auxe.

Na terceira temporada, a serie céntrase na política, e de como un home vai escalando postos para facerse alcalde da cidade, un proxecto que a min flipoume. Non estou moi ao corrente do que fai o alcalde, pero si Iago fai uns meses fixo unha entrada no que o mesmo deixouse uns vinte mil euros (non sei agora a cifra exacta) nuns váteres para o cemiterio é que a Ferrol lle debe sobrar a pasta. Tócate os collóns.

Tamén quero criticar que non fase política de ningún tipo para potenciar o comercial do pequeno empresario no centro de Ferrol, e fago esta entrada Manolo, porque si todos os comercios do centro da cidade seguen cerrando, Ferrol acabara caendo totalmente, e cando eu teña cuarenta anos teño oi seguro de que esta cidade non existira. Porque cada certos meses hai mais e mais tendas que cerran. Incluso hai rúas que tan solo constan de tendas cerradas. Non sei debe de ser que toda a maldita xente prefire ir solo a Odeón, Alcampo, o novo Carrefour...

Ademais as calles están fatal, pero e que mal, mal e tres veces mal. Colle o coche, e entra a Ferrol pola rúa do Sol que parece que o coche váiseche desmontar co paso do tempo. E bueno, non é tan so esa rúa, son moitas mais esparcidas ao longo da cidade. Menos mal que paro o exame de conducir non me meteron por elas, senón moita graza non me faría...

Iso si, eh! En Ferrol sempre hai unha puta obra. Non falla. E tes que ir ao final da cidade a dar a maldita volta para ir ata onde queres ir. É unha vergoña.

A cuarta temporada se centra na educación, e nunha escola pública. Pois ben, o noso colexio eu non sei se recibe diñeiro ou non, porque levamos coa persiana da nosa clase xodida dende o principio do curso, pero preferiuse poñer un cartel de Non subir a arreglala..

E bueno, supoño que todas as escolas publicas están así, porque non hai diñeiro, e isto era un problema ao que o alcade de The Wire tiña que enfrentarse debido a que tiña que recortar e recortar, e non dudaba de facelo na educacción, aínda asi intentaba quedar ven coas cidades exteriores mediante os resultados dun examen que se lle facía a todas as escolas da zona, como para dicirle “Eh, nos va de perlas por aquí”.

Tamén queixarme do material retrógrado que temos nas clases. Os ordenadores do ano catapún, altavoces que distorsionan a morte (o outro día estabamos facendo un exame e oíase fatal), entre un largo de etcéteras. A este paso e si a xente ten diñeiro, non durara en meter aos seus fillos na privada, e se a cousa ten éxito, adeus a educación pública en Galicia.

Na última temporada o tema son os medios de comunicación, en especial a prensa e coma esta e algúns dos seus periodistas válense de mentiras para chear os seus artículos.

Non podo falar desto, no que concirne a Ferrol. Aínda así diría que si The Wire emitirase a día de hoxe esta temporada en vez de no periodismo centraríase nas redes sociais, as cales están destruíndo as nosas relacións...

Aquí remata a miña comparación. Con isto viño a dicir que veo (ao igual que o de Galicia por compreto) o futuro de Ferrol negro: As tendas centras, o sector naval en crise, a cidade feita unha merda...

Gustaríame que alguén déseme as súas expectativas acerca de que pasará con Ferrol en vinte e cinco anos, eu xa o digo: Che espera un futuro moi negro.


PD: Claramente recomendo a serie encarecidamente...

No hay comentarios:

Publicar un comentario