sábado, 17 de mayo de 2014

A rede social

Este tema do que vou falar a continuación quizá sexa un tanto universal nos nosos tempos e non concirne so a Galicia, pero vou falar do tema porque cada vez que saio a calle veo a xente mirando para abaixo, para o seu teléfono móbil, e sen diante ven un coche a todo ostia e se vai estampar contra el/ela nin a mirada levantan... Vou falar sobre as redes sociais, e non precisamente da peli do meu querido David Fincher...

Recordo cando era un neno bastante pequeno e tiña trece anos pero sen embargo, marquei no Tuenti que tiña catorce anos. Supoño que non fun o único en facelo. Era a polla. O do Tuenti era a puta polla. Saías pola tarde, e logo de saír chegabas a casa e te poñías a volver a falar cos teus amigos. Incluso a algunha xente (non é o meu caso) prefería quedar na casa e falar pola rede social en vez de quedar cos seus amigos cara a cara. Iso si que me parecía un pouco xa enfermizo. Pero como eu de aquela suspendía a mogollón e estaba bastante metido na casa, estaba todo o puto día alí metido.

Iso si, cando estaba cos meus amigos, non se me ocorre coller o móbil e estar falando con outros amigos. Iso e para tomarse o tema a coña, porque se ti quedas cuns amigos, por que diantres andas falando con outros polo móbil? Home, decídete...

Despois de estar uns cantos anos co Tuenti, e deixar un pouco de facerlle caso, vin que existía o WhatsApp. Os teus amigos podían falarte estiveras onde estiveras se tiñas cobertura e conexión a internet. E non, a miña reacción non foi  Fua, chaval,como mola!!!

A miña reacción foi pensar que o de as redes sociais xa pasaba de castaño escuro. Parecíame unha aplicación xa de atrapados totais. Aínda así caín vítima do WhatsApp nos meses posteriores. Aínda así, fai xa uns poucos anos que caín da burra. Falar por este tipo de medios non me fai realmente moita graza, perdeume o chiste. Prefería estar cos meus amigos, ver as caras que poñían cando contaba as cousas, ver a maneira coa que contan as súas historias e non negarme a ler un puto texto.

Iso si, o WhatsApp véxoo ben para quedar un sitio para charlar ou ir dar unha volta. Aínda así, hai xente que utiliza as redes sociais para todo, incluso para ligar. Eso supoño que xa e pasarse. Supoño que no futuro acabaremos todos como o protagonista de Her a este paso... namorados dun sistema operativo (Non, ainda non puiden vela. Recomendáronme que a vira en VO obrigatoriamente porque a presenza de Scarlett Johansson e totalmente auditiva. E claro, en Galicia non hai un puto cine no que proxecten estrenos e en versión orixinal subtitulada).




Agora me gustaría levar este tema un pouco cara a Galicia. Porque xa digo, este tema é moi universal. Cando saio pola calle, mesmamente para ir a clases particulares vexo a xente andando pendente do móbil, pero verei a uns cinco ven por manzana. Eu, que debo de estar obsesionado voume fixando nas súas caras, jeje. Están absortos.

Outra anécdota que pasou nun café e que estaban dúas parellas en diferentes mesas, e en cada parella había un co móvil sen facerlle caso ao outro. Os que non estaban co móbil miráronse entre si e ríronse. Si, a situación é graciosa. Pero o seu trasfondo non. Se saes co teu mozo/moza e estas nun café mirando o móbil sen facerlle nin puñeteiro caso pois vaia graza... Ou quizá eu este tolo. Non sei.

Mesmamente o outro día estando polo Twitter, Porta (o de clase) puxo un vídeo na rede social bastante impactante sobre as redes sociais. Podedes velo aquí.
.
Nel suceden dúas historias: Un home que vai pola calle e encontrase coa muller da súa vida, e con ela pasa a sua vida. A outra historia trata do mesmo home, pero por ir mirando o móbil deixou pasar a esa muller. A verdade é que e bastante impactante, polo menos a min flipoume.

Espero que nos demos conta de todo o dano que estas redes nos están facendo, porque vólvennos asociais, porque preferimos estar diante da pantalla dun ordenador que diante dunha persoa, porque aínda que parece que estamos en contacto con todos os colegas estamos mais solos que Deus...

Incluso nalgúns países xa se está falando de prohibir estas redes sociais. Estou seguro de que se The Wire, non houbese terminado e seguira emitindo episodios a día de hoxe, unha temporada estaría centrada nas redes sociais, porque é que están presentes na vida de todo o mundo, a excepción das persoas moi maiores (que aínda así, algunhas están enganchadas).

Ademais as redes sociais, dende o meu punto de vista, son malísimas para as relacións. Estas todo o día vixiando a outra persoa, pende del/dela, te priva da túa liberdade, pareces que vives totalmente aferrado, e esa sensación acaba cansando, e xa se fixeron enquisas de cantas relaciones rompen as redes sociais ao ano, e crédeme que non son poucas.

Saíde a calle, falade, e deixar o móbil a un lado...

No hay comentarios:

Publicar un comentario