domingo, 20 de abril de 2014


David Rubín é un animador e historietista español, o cal naceu en Ourense en 1977. Estudou deseño gráfico e foi o codirector da película El espíritu del bosque, que é a secuela de esa película que casa todos nos vimos na nosa infancia: El bosque animado. Ten un blog no que ensina o proceso de creación dalgúns dos seus cómics titulado "de tripas corazón". Podedes aceder a el, pinchando aquí.

Isto do cómic (e ademais en Galicia) é para min como á fotografía. Non teño nin puñeteira idea. Non é que me guste demasiado, a verdade. Aínda así gustábame mais cando era pequeno. Lía cómics de Marvel que tiña meu pai, as xoias literarias que tiña o meu pai, os de Zagor que encontrei no diván da casa dos meus avós e que foron dos meus tíos, o mítico Tintín, e algunha que outra obra de Fran Miller coma Sin City ou 300. Logo diso lin manga, pero agora non é que me gusten ningunha das dúas cousas demasiado.

Entre as obras de Rubín podemos encontrar cousas coma: El circo del desaliento, Corazón de tormentas, La tetería del Oso Malayo, unha adaptación de Beowulf, e dous libros de El heroe.

Ei lin o primeiro dos do Heroe. A historia é simple: Unha nai que é mais ou menos unha deusa vai dar a luz a dous fillos. Pero advíntenlle que é o que naza primeiro terá sometido ao segundo. A partir de ahí, e cuns anos de posterioridade o fillo maior que é (creo, no me lembro moi ben) o rei da sua cidade, manda ao seu irmán maior sempre a que vaia matar monstros que ameazan o seu palacio o os de outros reis, para que os monstros acaben coa vida do seu irmán. Pero nada, o seu irmán é indestrutible, o al menos iso parece.

O irmán maior é Euristeo, mentres que é o pequeno e bo é Heracles. Ista historieta básase no mito dos Doce traballos de Heracles. Como non sei o que é o busco na Wikipedia: Zeus, tras deixar embarazada a Alcmena, que sería así mai de Heracles, proclamou que o próximo fillo nacido na casa de Perseo convertiríase en rei. Ao oír isto Hera, a esposa de Zeus, fixo que Euristeo nazera dous meses antes, pois pertencía á casa de Perseo, ao igual que Heracles, a quen fixo nacer con tres meses de retraso. Cando Zeus advirtiu o que o sucedeu montou en cólera, pero, non obstante, sua imprudente proclama seguiu en pe.
Nun ataque de locura provocado por Hera, Heracles matou a su muller, seus fillos e a dous dos seus sobriños coas súas propias manos. Cando recuperou a cordura e advirtiu o que fixera aislouse do mundo e foise a vivir so as terras salvaxes. Encontrado polo seu irmán Ificles e convencido de que visitase o oráculo de Delfos. En penitencia por ista execrable acción, a sibila délfica díxolle que tiña que levar a cabo una serie de doce traballos que dispusiera Euristeo, o home que usurpara seu lexítimo dereito á coroa e a quen más odiaba.

Manolo díxonos que David Rubín era un home que sempre estaba de mala leche e que quería plasmar iso nas súas historietas mediante personaxes que din palabrotas, que sempre están fumando, que están loitando ou incluso xodendo.

Aparte disto, temos que contar con que David non é un escritor que escriba de maneira lineal, quero dicir, nunha páxina nos verás sempre nove viñetas, senón que facilmente rompe os esquemas, e ao millor tan so hai unha.¡, na que un personaxe lle arrea un bofetón a outro, ou se cabrea con el.

Pero bueno, no vídeo que púxonos na clase acerca del, Radiografía dun autor de tebeos (dirixido por Marcos Nine), a min non me pareceu un tipo que estivera de tal mala hostia. Por exemplo, mostrábase aberto coa sempre que viña a comprar os seus libros, cos que lle pedían unhas firmas, etc. Claro está que eu non o coñezo persoalmente é que estou falando desde a impresión que o vídeo deume a min.


Agora quero falar un pouco de cousas que vin nas súas viñetas, é dicir, como influencias ou incluso homenaxes a outras obras ou películas.



A viñeta de enriba recordarme moito a Sin City. É unha película dirixida por Robert Rodriguez e Frank Miller, inspirada plano a plano en cada viñeta do cómic. En ambas encóntrase no baño, home e muller, na mesma posición, o home cheo de vendas...



O mesmo de antes: No baño, un home, con esas tiritas pequenas brancas arredor do seu corpo e asua cara... Estan dous de enriba están sacadas de El círculo del desaliento. As de abaxio, de El heroe.


Esta recordarme a Kill Bill (de Quentin Tarantino). Un maestro, o seu aprendiz, o moble para gardar as espadas que sae na imaxe de abaixo, a postura da espada... Ista relación é un pouco mais subxectiva ca a anterior, penso eu.


Pero a seguinte é innegable:


Esto recordarme totalmente á película de Disney, Hercules, e ao combate coas hidras. É calcao.




Ao millor tan so son imaxinacións miñas, e son eu o único de ver as relacións entre unhas cousas e outras. Consciente son de que ao millor o home nin veu Sin City, nin Kill Bill, nin nada. Ou que si, e que non estaba pensando nas películas a hora de debuxar o cómic.

E con isto, marcho. Deica outra!










No hay comentarios:

Publicar un comentario