domingo, 20 de abril de 2014

Un pouco de cine

O profesor da asignatura ultimamente púsonos na clase varios exemplos do que estase a facer ultimamente no panorama do cinema galego. Se mal non me lembro púxonos A pegada dos avós, Encallados, algún fragmento de Costa da morte, e a película esa dos nazis na que falan en non sei cantos idiomas distintos. A primeira e mais a última parecéronme un tanto aburridas. A primeira nin me interesa o tema, nin como está filmada, e a outra non me fai nin pizca de gracia... Non digo, non obstante que sexan malas, pero non me gustan.

Xulio Abonjo (Alfonso), Federico Pérez (Pato), Ricardo de Barreiro (Andy). A película conta con cameos como o de Luís Tosar

Asi que veño a falar un pouco sobre as dous do medio. Empezarei por Encallados. O filme está dirixido por Alfonso Zarauza. Como non o coñezo de nada busco o seu nome en Google e me aparece esto: Guionista e director, fixo ambos labores en cinco curtas feitas en Galicia e escribiu unha longametraxe coproducida entre Brasil e Cuba. Titulada "Minerva é nome de mulher" (dir.Wolney Oliveira), rodouse en 2005 en Fortaleza (Brasil). Desde 2001 é director de desenvolvemento de proxectos da produtora madrileña Iroko Films. Dirixiu multitude de videoclips, anuncios e "así se fixo". Traballa de analista de guións de longas. Foi primeiro axudante de dirección na longa documental "Machín toda una vida" (2002).

Encallados, é un filme que fala do Prestixe, pero faino dunha forma moi particular a cal da motivo a diversas capas de lectura da película. A historia conta o proceso mediante o cal un produtor lle encarga unha película a un director, que non ten moito éxito, porque non lle queda outra. O director intenta desfacerse do encargo, pero o produtor o ameaza. A película ten que tratar sobre o Prestixe, sobre o desastre que causou. A partir dese momento comezara un viaxe na que dos dous guionistas da película e mais o director intentarán facer a película.

Como dixen antes hai varias capas de lectura: A primeira vista podemos atoparnos cunha crítica ao desastre do Prestixe e ao país en xeral. Tamén queda impreso na película as dificultades que estes directos galegos teñen a hora de facer unha película debido ao presuposto (aínda que este tema é bastante universal), como o director quere facer unha cousa pero o produtor dille que non debido a que e o seu diñeiro o que está en xogo a facer a película.


Aparte disto a película está grabada en branco e negro, o que fai que a súa fotografía mellore. E tecnicamente é impecable: A posta en escena, os planos largos (que ten o seu mérito facelos nun mundo no que a maioría de películas teñen planos de cinco segundos como máximo). Aparte diso os actores están correctos.

Proba irrefutable de que a película gustoume foi a posterior pegada que ten está película no vídeo que fixemos eu e mais Brandán para clase, sobre o tema de rebeldía, aínda que quedara un churro.

Aquí podemos ver ao director, grabando un dos primeros planos da película

En canto a outra película Costa da morte (dirixida por Lois Patiño), que mais que unha película ven sendo un documental ,non podo falar demasiado porque non a vin completa. Vin os primeiros trinta minutos, porque encontrábame so na casa sen nada que facer (aínda que xa sei que neste curso sempre hai algo que facer...), e púxenme a vela empezar a atrapoume pero chegaron os meus pais a casa e para estar vendo a película mentres que hai ruídos de fondos pasei...

Eu pensaba que Costa... era unha película e non un documental. Como documental eu penso que é bastante innovador porque a partir de planos fixos largos que parecen cadros e voces en off, o director fai un retrato contemplativo e obxetivo da Costa da Morte, porque a partir dos diálogos das persoas en off e do que ves na pantalla podes sacar as túas propias conclusións en vez de un documental clásico totalmente mastigado no que te explican todo. É dicir, nesta película-documental non hai entrevistas, non hai planos explicativos do lugar, etc; con esto evítase todo o relacionado con xénero. Desta forma cada espectador sacara as súas propias conclusións acerca dos sucesos que vanse alternando na pantalla.


Pero aínda así e aínda que diga que esta ben, que rompe os esquemas e demais non é unha idea que me atraia moito, porque non me imaxino a min vendo esta película dez veces na miña vida. Penso que con unha ou dúas veces ven lle chega, así que supoño que algo falla... (ou faio eu, que será o mais seguro, debido a que non me interesa a Costa da morte). E non o digo porque non me guste, aclaro. Os que non opinen igual que lle voten collóns e que a vexan unhas cantas veces a ver que divertido é o asunto.

Quero dicir algo, e este algo é para protexernos un pouco. Sendo unha persoa á que lle gusta o cine, nunca vexo ningún cartel, ningún anuncio, ningunha película galega na cartelera. Quero dicir, é como si non existise nos medios. Se comentaba na clase que case ninguén vía películas galegas... tampouco chegan as nosas mans como outros produtos españois, europeos ou americanos.

Tamén comentaba con Iago o outro día que aquí en Galicia e en España faltan temas de interese. O explico dende o meu punto de vista: Non hai nada que me impulse a ver unha película galega ou española porque non abordan temas do meu interese. E non o xeneralizo hai películas feitas aquí que me gustan, pero paréceme que o asunto non funciona e non chega ás nosas mans. As películas españolas son case todas comedias. Os actores principais sobreactuan, dende o meu modo de ver. Ao mellor é que estou cheo de prexuízos, non sei...



No hay comentarios:

Publicar un comentario