miércoles, 27 de noviembre de 2013

Diario dun mariñeiro


O outro día collín na biblioteca do colexio un libro sobre lendas que xiran arredor de Ferrol.
Hai unha que é a que mais chámame a atención. Conta a existencia dun monstro no porto de Ferrol. Nunca había escoitado falar acerca de tal ser.
Os vellos mariñeiros din que había un monstro mariño no porto. Era un xigante congro vermello de sete cabezas, cunha cola robusta, coa que podía axitar as augas, e provocar ondas enormes que tiñan como consecuencias os naufraxios das embarcacións… Dise que vivía baixo as pedras do peirao de Curuxeiras e ruxía nos días de tormenta.
Pero dende hai moitos anos non se deixa ver.
O outro día revisando o libro, encontrei unha especie de diario escrito nunhas servilletas pegadas ao lombo do libro. Despeguei as follas de servilleta pouco a pouco ata que as despeguei cada unha da outra. Estaban escritas con tinta azul e tiñan unha letra bastante clara, co que podía ler todo o que estaba escrito. As servilletas-diario rezaban desta forma:

DÍA 1
Ao fin encontrei traballo... Como mariñeiro, na ría e porto de Ferrol. Páganme mais ou menos ben. Estou contento. Mañá empezarei a traballar. O horario é de oito da mañá, ata as catro da tarde. Terei bastante tempo libro para dedicarme a outras cousas. A ver o que me depara mañá.

DÍA 2
Hoxe foi o primeiro día. O noso xefe dividiunos en grupos de catro. Os meus compañeiros chámanse Víctor, Xoán e do outro non me acordo do seu nome, pero pode que se chamara Santiago. O día foi bastante ben. Tivemos unha boa pesca. Ao desembarcar démoslle todo o que habíamos pescado a un home, que parecía, un organizador, el encargaríase de poñer todas as pezas en venta (as que puidera) no mercado.

DÍA 3
As cousas hoxe non foron tan ben, coma onte, no que se refire á caza. Pero polo menos, comecei unha conversa xunto con Xoán sobre política, e como o país está mergullándose na decadencia. O xefe animounos dicindo que non todos os días habería un boa pesca, e mais, o estraño era que a houbera. En casa, todo vai ben, a relación coa miña muller, cos meus fillos. O pequeno está aínda na gardería e o outro está empezando a universidade.

DÍA 4
Hoxe houbo moito temporal, era tanto, que houbo moita oleaxe. Tivemos que baixar nunha barquiña, e envorcamos. Por sorte, ninguén resultou ferido e puidemos volver a terra. O malo foi que volvemos sen ningunha pesca. O xefe botounos unha rifa do quince (a pesar de haberlle contado o incidente), que si non podía volver a pasar, que si tal, que si cal. Que lle fodan, case morremos eu e mais os meus compañeiros...

DÍA 5
Xoán e Víctor foron vítimas dunha neumonía e non puideron ir traballar... O outro mais que quedaba non sei que pasou que non puido vir. Así que mandoume a min so nunha barquiña (na mesma na que había envorcado o día anterior). Cando estaba pescando por Curuxeiras, vin algo na auga, algo vermello. Collín un pau que había no barco e intentei tocar un pouco iso que era de cor vermella. Cando o fixen saín disparado ata a outra punta da barca, e do mar emerxeu unha especie de monstro mariño xigante vermello. ¡Tiña sete cabezas o desgraciado!
Collín os remos da barquiña e empecei a remar canto puiden, meu deus, canto temín pola miña vida...
Cando cheguei a terra, non lle contei nada a ninguén. Pensei en contarllo a miña muller o chegar a casa, pero o final non fixen nada...

DÍA 7
Dous días despois Xoán e Víctor volveron a traballar. Cando estabamos en alta mar pescando, pensei moitas veces en si dicirlle o incidente do monstro que había visto, facía uns días. Canto llo contei empezáronse rir de min, dicíndome que ao estar próximo á morte días anteriores fíxome imaxinar o que vira. Estaba moi convencido do que vira. Pensei en dicirllo a miña muller, pero non estaba seguro... Tamén pensei en deixar o traballo, a imaxe do monstro aterrábame.                                                               

DÍA 9
Hoxe pasoume algo que xa colmou o vaso. Estábamos pescando no mar, cando de repete vin por debaixo do barco, ese color vermello que tiña o monstro. Empecei a perdelos nervios e a poñerme nervioso, mordéndome as uñas, respirando forte, o corazón íame a mil, e acabei por dicirlles aos meus compañeiros que viñeran a velo, que o monstro estaba debaixo de nos e corriamos perigo. Pero cando viron e miraron aos lados do barco... o monstro desapareceu, e eles non viron nada. Como sempre, empezaron a rirse de min e non puiden facer nada. Eu en silencio, púsenme a chorar. Quería deixar o traballo, xa, dunha maldita vez. Pero qué lle diría a miña muller? Que deixo o traballo porque pensaba que vira un monstro na auga?
Unha vez mais non sei que facer...

DÍA 15
Estiven dándolle moitas voltas e vou deixalo traballo... Cando mañá volva de traballar penso dicirllo todo a miña muller. O problema é que non sei con que vou a pagarlle ao meu fillo maior a universidade...
Espero encontrar algún emprego... aínda que sexa duro. Mellor que vivir con esta situación.

Aquí, acababan as servilletas que encontrei entre as pastas e o lombo do libro.
Nun principio non me cría para nada a lenda esa de que no porto de Ferrol había un monstro, pero ler a historia de ese home (non sei nin de que época era, nin cantos anos exactos tiña, o que si sei era que fora pai de familia) fíxome reflexionar un pouco acerca de ese lenda que envolvía o porto de Ferrol.
Como poñía no libro da biblioteca, xa facía moitos anos que ninguén o vía, así que certo día despois de ler isto, fun no barco que vai dende Ferrol ata Mugardos para ver si vía algo polo mar, pero nada... Non vin nada.
Ou ben nunca existiu e era unha lenda, e home do diario estaba tolo, ou ben non se deixaba ver.
Aínda así, nunca a ninguén escoiteille nada acerca de tal monstro. E espero que siga sendo así, do contrario non pasarei moito polo porto....


No hay comentarios:

Publicar un comentario