jueves, 21 de noviembre de 2013

Encontro coa Compaña


Eu e mais o meu amigo Brandán, decidimos certo día facer una excursión por diferentes lugares de Galicia, os cales habíanse visto afectados pola presenza da Santa Compaña.
Collín o coche e fun a buscar a Brandán a súa casa. Baixou e meteuse no automóbil. Cando estábamos xa os dous no coche, pregunteille a el que adonde iríamos primeiro. El dixo:
-Agora que aínda estamos en Ferrol, penso que deberíamos pasar por Ortigueira, xa que está de camiño. Alí hai una vella coñecida da miña nai que ten una pequena historia que contar acerca da Santa Compaña.
Despois de media hora conducindo no coche, chegamos a Campo. Campo é unha aldea das Grañas do Sor, en Ortigueira. Cando chegamos alí, o primeiro que vimos foi un cruz de pedra, a cal chamounos a atención, pero pasamos de largo, ata chegar a casa da coñecida da nai de Brandán.


-E alí- dixo Brandán. Distinguíase unha casa con un muro de pedras, e estacionámolo coche alí, e nos baixamos del.
Parámonos fronte o portal e timbramos no timbre, que estaba ao lado da porta de entrada. Nada mais timbrar asomouse pola porta unha vella anciá, a cal parecía ter uns oitenta anos e movíase cun paso moi lento, impulsada por dúas muletas, manexadas polas súas mans.
Abriunos a porta, e nos pasamos a dentro da súa casa. Levounos ata o salón e alí sentámonos nunhas cadeiras.
-¿Queredes tomar algo?- díxonos.
Ámbolos dous negamos coa cabeza.
-A ver, pois entón explicádeme a que debo esta visita- acto seguido, sentouse.
-Verá,- díxenlle eu- temos que facer un traballo para clase que teña que ver coa Galicia máxica. E nos decantámonos por facelo sobre a Santa Compaña, porque é un tema que nos chama bastante a atención. Brandán díxome que tiñas unha pequena historia que contar acerca da Compaña. Se é tan amable...
Pensouno durante un momento, e antes de empezar coa historia, explicounos (aunque nos xa sabíamos) un pouquiño en que consistía a S. Compaña:
-A Santa Compaña é unha procesión de mortos ou almas en pena que saen pola noite, a partir da media noite, e recorren os camiños dunha certa parroquia. Van vestidos con túnicas brancas e con capucha. Forman dous fileiras, e levan os pes descalzos. Cada fantasma leva acendida unha vela. A procesión va encabezada por un home ou muller, vivos, que portan unha cruz ou caldeira de auga bendita, seguidos polas almas, as cales, como xa vos dixen antes, levan, velas.  Súa misión é visitar tódalas aquelas vivendas nas que pronto haberá unha defunción.



>Eu, como xa entrada en anos que estou, tódolos días, pola tarde, vou xogar as cartas ao Centro social. O centro social é un lugar no que as persoas maiores poden xogar as cartas, ao domino, é dicir, a moitos xogos de mesa, aparte de ler libros ou tomar algo na cafetería. Cando volvíamos todos xuntos de xogar cara ás nosas casas, víamos a Santa Compaña, ¡xúrocho! , xa sabedes, todos vestidos de branco, cun mortal encabezando a procesión (a veces o coñecíamos, outras veces non). Nos, pra non ter ningún problema, íamos polo camiño contrario ou simplemente, non mirábamos o desfile, ao pasar polo seu lado. Deuse unha vez o caso de que coñeciamos a un dos que portaba a cruz. Ao día seguinte preguntámoslle polo que había feito a noite anterior, e el dixo que non se acordaba. Foi moi raro.
>O certo é que un día, uníusenos ao grupo un novo integrante, un home, mais ou menos, de 60 anos. Non sei como saíu o tema, que lle explicamos as nosas experiencias coa S. Compaña, é dicir, que a viamos cando saiamos de xogar as cartas, pero o home non nos cría, e burlouse de nos.  Ese mesmo día, ao saír do Centro Social, nos fómonos por un camiño, e o novo integrante do grupo foise por outro. Sabedes a Cruz de Pedra, a que hai na aldea? –Os dous asentimos-. Cando pasou por alí unha estraña forza, saída de non sei onde, arrincoulle e esnaquizoulle toda a roupa e encheuno de barro e mais de terra. O home empezou a correr, gritando de medo por toda a cidade, foi moi gracioso. Desde aquel día o home, non volveuse meter coa Santa Compaña, e mais, leva desde varios anos xogando connosco no Centro Social, e nunca mais volveu falar dela.
Nos mirámonos o un ao outro , e nos quedamos pasmados, a verdade é que a historia metía medo. Démoslle as grazas pola súa cortesía, ao invitarnos a  súa casa, para contarnos a historia. Cando nos despedimos de ela, despois de estar falando un bo rato sobre outros temas, xa era noite pecha, faltaban poucos minutos  para a media noite.
Metémonos no coche e cando estábamos a piques xa de irnos, o coche parouse en seco, como por arte de maxia. Intentei volver a arrancalo, pero parecía que o maldito coche non quería arrancar. A verdade é que non era horas para ir a chamar a ninguén a súa casa para pedir axuda, pero non nos quedaba outra. Intentamos volver a casa da coñecida da nai de Brandán, pero cando estabamos cerca xa da súa casa, e volteamos unha esquina, supoño que os imaxinaredes o que vimos...
Si, alí estaba a Compaña, o iso parecía. Unha procesión de mortos. Todos vestidos con túnicas brancas, coa capucha posta, formando dúas fileiras, sen zapatos, descalzos, con velas acendidas nas súas mans. O primeiro de todos, o que encabezaba o grupo levaba nas súas mans unha cruz, e era horrible. Ían rezando, o iso parecía, con voces de ultratumba, era horrible, daba moito medo.
Ei fuxín correndo deixando a Brandán alí so, pasmado.



A compaña ía alcanzar a Brandán, cando o portador da cruz quíxolle entregar a cruz a él, para que a portara. O primeiro que se lle vino a cabeza foi dicir:
-Cruz teño.
Cando dixo iso, o home portador e mais a Campaña pasaron de largo. Brandán puido ó final respirar con tranquilidade.
Despois de un rato, buscándonos o un ao outro, nos encontramos. El díxome que era un covarde e que bla bla bla. Cando subimos ao coche, este xa funciona correctamente. Que irónico... Debería ter a Compaña algo que ver con que non arrancara antes?
Pode ser que si...
                                                                                                                                                      






No hay comentarios:

Publicar un comentario