O outro día estaba esperando ó bus na parada.
Pensaba no traballo que tiña que facer para a asignatura de Historia de Galicia. A verdade é que non
me gusta nada facer traballos, así que estáballe dando voltas a como ía a
facelo.
Estaba eu solo esperando o bus, cando de repente, un
señor maior, cunha carteira na man, sentouse ao meu lado. Ao mellor sabía algo
acerca dos castros, así que aventureime a falarlle. Boas tardes, señor, díxenlle, e él, miroume e tamén me dixo Boas tardes. Foi entón cando dispúxenme
a preguntarlle algo acerca dos castros:
-Sabe vostede algo acerca dos castros galegos?- Él
miroume e asentiu-. É que teño que facer un traballo para a clase acerca deles,
pero a verdade é que non sei nin por onde empezar.
-¿Qué tal empezar pola forma?-díxome él-. Ben, os castros
estaban por toda a Península. Aquí, en Galicia, coma ben saberás, tiñan forma
redonda, tanto o castro (no seu conxunto) coma as casas que o conformaban,
mentres que en Castela a súa forma era cuadrangular. Tes que recordar un cousa
moi importante, e na que a xente soe estar errada. A maioría das persoas pensan
que nun casa das que conformaban os castros vivía toda una familia, pero iso
non é verdade.
-¿Ah, non?
-Non. Cada familia vivía nunha agrupacións de castros,
xuntos, coma nuns catro ou cinco. Un servía coma cociña, outro como salóns, e
os restantes, dígamos que eran coma as diferentes habitacións de cada un dos membros
da familia.
-Pois non sabía iso- díxenlle eu, e me preguntou que si quería saber como estaban feitos os
castros-. Adíante, por favor.
-As paredes dos castros eran de tapial, que ben sendo
terra seca son madeiras. Mais tarde, xa na época final dos castros construíranse
paredes de pedra e teitume de palla. Isto pode explicar que case ningún dos
restos dos castros haxa chegado ata nos. Eran moi fráxiles. As portas dos
castros eran de taboleiros de madeira, e soia estar un pouco elevada da altura
do solo, eu penso que era para impedir o pasa da auga cara o interior, no caso
de que chovera. Por último, o so se igualaba con pedra miúda sobre a que colocábase
arcilla e con cantos facíase o oco para a lumbre. Por certo, tiveches sorte,
teño un debuxo na carteira- Sacou a carteira que traía na man, e sacou un
debuxo o cal me ensinou e foime dicindo que era cada cousa.
-Moitas grazas por ensinarme o debuxo, vaia casualidade
que o tiveras- e díxome que no era nada,
que era un pracer-. ¿E vostede
sabería dicirme porque os castros tiveron o seu orixe? E dicir, ¿por qué se
formaron? Digo eu que algunha razón terían.
-Moi pouco sabes ti, oh. A ver, cóntoche. A orixe dos
castros veu dada polas invasións dos Sefes, sabes quen son?- Eu asentín, así
que él pasou de explicarmo-. Os nativos, que eran pacíficos vivían nas llanuras
e nas veiras dos ríos, e coa invasión dos Sefes, trasladáronse a sitios mas inexpugables
e de fácil defensa, amurallándose. Tres que recordar que cada castro, se cadra,
estaba protexido por dos ou tres murallas. Estes castreños pensaban en todo a
hora de defenderse. Como te dicía situábanse en lugares preeminentes, sobre outeiros
ou montes de mediana altura, aproveitando as defensas naturais, cando era
posible. Tiñan moi boa visibilidade sobre o terreo circundante. A defensa era
primordial, recórdao ben!
-O recordarei, non te preocupes. E cómo vivían? E dicir,
que facían, de que vivían, a que se dedicaban?
O ancián dubidou un momentiño, antes de seguir coa
explicación:
-Os homes dedicaban o seu tempo ao cóidao dos rebaños, a
pesca de peixes, a cada de animais e a guerra, cando a tiñan con pobos inimigos.
Falando de guerra, sabes que estaban moi ben protexidos, ¿non? Quero dicir, se
estaban tan ben protexidos sería porque a guerra era algo cotián, ¿verdade?
Pero estas defensas e e os muros no valerían de moito para pobos mais desarrollados,
como por exemplo, os romanos. Estou desviándome do tema, en canto as mulleres e
os nenos... Estes ocupábanse da recolección de froitos, principalmente
bellotas, coas cales, previamente secas e trituradas, elaboraban un pan que
conservábase bastante tempo, e que era un factor clave na súa alimentación
diaria. A agricultura era traballo das mulleres, pero tiña un escaso
desenvolvemento tecnolóxico, isto podémolo seguir vendo nas zonas de influencia
castreña.
Eu o miraba, pensando no sabio que era, facía cinco
minutos que non sabía case nada acerca dos pobos castreños e él habíame
ensinado moito.
-Para rematar, rapaz, falando da comida, vouche dicir
como comían estes castreños. Eles comían sentados sobre bancos construídos
arredor das paredes, alienándose entre eles según idades e dignidades. Os
anciáns eran dos mais importantes do grupo, debido a que era os portadores da
sabedoría, pois na sociedade de tradición oral (non deixaban textos escritos)
son os mais vellos os que puideron aprender os diferentes entresijos da cultura
que herdaron.
Xunto cando rematou de falar, o seu bus chegou.
Despedímonos e desexoume moito sorte co meu traballo de clase. Eu dinlle as
grazas por toda no que el me había axudado no traballo, habíame aclarado
bastantes as miñas ideas.
Subiuse ao bus e non votou a ollada para atrás, e eu
quedeime esperando polo meu bus, mentres que apuntaba nun bloc de notas
algunhas das cousas que el me había dito.
Din que tódolos días apréndense cousas novas, e é certo.
PD: Despois de que o autobús perdérase de vista, dinme
conta de que se lle habían caído unhas imaxes da carpeta:
Pareceume interesante e innovador pero recorda que tes que revisar a entrada por si ten fallos ortográficos :B
ResponderEliminarSorprendeume o fío narrativo desta entrada, fai que non sexa unha entrada do "montón". Noraboa!
ResponderEliminarMoitas grazas a ámbolos dous por expresar a vosa opinión.
ResponderEliminarIntentarei encontrar os error ortográficos (debido a que dinlle unha segunda visual despois de facelo, pero parece que se me escaparon algunhas palabras).