miércoles, 26 de febrero de 2014

¿Non estades fartos da literatura galega?

Hoxe abrín o Twitter e encontreime con este tipo de tweets. Eu non o levo tan ao extremo pero alegrame pensar que non son o único ao que lle fastidia moitísimo ter que estudar a literatura galega, debido á amplia colección de autores, obras a características que hay que estudar.







Son o único ao que lle molesta ter que estudar literatura galega? Non o digo polo simple feito de que sexa galega e non castelá ou inglesa, o digo porque parece que aos programadores do temario que hai que dar en segundo de bacharelato non se lles olvidou ningún autor de toda a historia galega.
Por exemplo, en literatura castelá (que non é que me guste moito mais ca galega) estúdanse unhas determinadas xeracións ou movementos, e delas escóllense uns autores craves e as súas obras mais importantes para estudar, poño o exemplo de: Séculos de Ouro- Cervantes- “Don Quixote da Mancha”. E o contrario da literatura galega que estudamos, a cal colle todas as xeracións habidas e por haber, selecciona a todos os autores da mesma, e todas as súas obras, e nos temos que aprendelas. TODAS. Coas súas características inclusive.

Aparte a literatura castelá que hai que estudar remata con bastante tempo de marxe desde esa etapa ata a que estamos vivindo nos. En galego non é así, no libro de texto aparece ata xente que me leva dez anos, ou un pouquiño mais. Parece que si ti escribes algo en galego, aínda que sexa unha absolutamente merda (non digo que os autores que temos que estudar o sexan), nuns anos aparecerás nos libros de texto e os nenos da túa idade terán que estudarte.

¿Pero se pode saber que pensan que se leva a cabo con isto? ¿De verdade se pensan que voume acordar dalgún autor, dalgunha obra e encima das características, de autores que non lin?
Teño claro de quen voume acordar: de Castelao, de Rosalía, de Curros, de Pondal, de Blanco Amor. ¿Pero por qué voume acordar destes e dos outros non? Porque lin as súas obras. Para acordarme das obras de alguén teño que habelas lido, e non habelas chapado nun libro de texto, iso non leva a nada.
Por exemplo, hai un autor na literatura americana que gústame moito: Stephen King. Ten moitísimas obras, e linme bastantes del. Pero acórdome de todas, para ben ou para mal, ¿e por qué? Porque as lin. O mesmo me pasa con Castelao, Blanco Amor, Rosalía... Pero os demais, todos eses que estudamos, pero non lemos, acabaremos por non nos acordar deles. E mais, tiven examen de literatura pola tarde e estou seguro que pasado o fin de semana, non me acordarei de nada.

Unha das solucións posibles dende o meu punto de vista, aínda que son consciente de que nunca levarase a cabo como o sistema educativo siga así, e que se imparta a asignatura galega da seguinte maneira: Haxa clases de gramática, de ortografía e demais cousas prácticas para que aprendamos a falar ben o idioma galego. Iso é algo que fase agora e está ben, porque son necesarias para aprender a falar nun idioma. Pero eu diría que a literatura non se chapara, non se metera ao besta nas nosas cabezas sen ningún sentido, en vez de iso poderíanse dedicar unhas cantas clases a ler unha obra ou parte de ela de algún autor galego. Por exemplo, unha ou dúas obras lidas na clase por semana. Aínda que tan so léanse un pouco e non completas, quedaranse mellor na cabeza dos alumnos, e é mais, aos alumnos que lles este gustando o que están lendo na clase acabáranolo lendo na súa casa.
Deste xeito ao final do curso haberanse lido ou medio lido algunhas das obras mais importantes. Se isto se fixera dende primeiro da ESO, ata segundo de Bacharelato, os aseguro que dentro duns anos nos acordaríamos dos libros que léronse na clase, ao contrario de chapar chapar e chapar obras, para mais tarde non acordarte de absolutamente nada.

E para rematar, gustaríame (se vos apetece e tedes tempo) a que me dérades a vosa opinión acerca de como vedes a actual impartición do galego nas aulas. Moitas grazas!



2 comentarios:

  1. Estou absolutamente de acordo contigo, non encontraría mellor maneira de explicalo que a túa. Moi boa entrada.

    ResponderEliminar
  2. Levan moitas décadas creando en vez de mentes pensantes, robots, almacenantes de inútil información. É o que convén, non vaia a ser que a xente pense pola súa conta.

    ResponderEliminar