miércoles, 26 de febrero de 2014

A situación de Navantia en Ferrolterra

Os traballadores de Navantia de Ferroltera reuníanse hoxe na praza de Armas, diante do Concello, para protestar pola carga de traballo. Xa levan semanas, meses e anos, facendo estas manifestacións casi todas as semanas en horario de traballo para haber se ao final conseguen algo que non sexan despidos.
Esta é unha foto de hoxe. Desgraciadamente pilleinos no momento da marcha e moi poucos salen na foto.
Encontrei un articulo do Faro de Vigo que fala da manifestación de hoxe. Podedes velo aquí.



 Deixaron escrito con pintura (os limpiadores pasáronse toda a tarde para quitala do chan da plaza), as palabras: Carga de traballo, Veto non, Dique si.

Navantia é algo que a min persoalmente me afecta e me interesa, debido a que meu pai traballa na empresa, e si a él o despiden pois acabousenos o conto. Aparte penso, como todos supoño, que Navantia é un factor crave para Ferrol e para toda a comarca ferrolterrá, e si ao final acaba pechando as súas portas supoño que a comarca de Ferrolterra virase abaixo.
Como digo, o meu pai traballa en Navantia, asi que decidín facerlle unha entrevista de audio para saber como está Navantia nestes momentos e que pensa él acerca de todo isto. 
Podedes escoitar a entrevista aquí.



No hay comentarios:

Publicar un comentario