Nos debatemos entre facer un video sobre os irmandiños ou sobre os sucesos no monte Medulio...
martes, 18 de febrero de 2014
¿Cómo facerlle un traballo a Manolo?
Brandán e mais eu fixemos un video no que expoñemos nosas ideas para facer un video da rebeldía galega para a clase de Historia de Galicia.
Nos debatemos entre facer un video sobre os irmandiños ou sobre os sucesos no monte Medulio...
Nos debatemos entre facer un video sobre os irmandiños ou sobre os sucesos no monte Medulio...
sábado, 8 de febrero de 2014
Caladiño falando sobre os irmandiños
O da foto (que
non é miña, saqueina de internet), é o irmán do meu avó paterno, chámase Roberto
Casteleiro, é historiador e traballou como profesor no politécnico de Ferrol. É coñecido como "Caladiño", polo personaxe que interpreta na película Sempre Xonxa. Aquí deixovos o enlace a película (eu non a vin completa, so vin partes cando era moi pequeno). Él aparece xa na primera escena:
O mércores de
esta semana invitoume a min e mais a miña familia a comer nun bar de Esteiro, e
de repente empezou a falar dun tal Manolo, un home que había mais duns quince
anos que non vira e que lle había dito que tiña que mirar o periódico porque
habíanlle entrevistado por razón do seu método de realizar as clases. Supoño sonaravos
de algo.
Así que como é
historiador, como dixen antes, ocurriuseme pedirlle que me falara un pouco do
tema dos irmandiños, xa que anos atrás habíame regalado unha obra de teatro deDaniel Cortezón do mesmo nome, na cal fala na entrevista, porque levouno ó
teatro xunto co autor da mesma. Este e o libro:
A entrevista lla
fixen nun audio co teléfono e a calidade non é que sexa para tirar
foguetes:escoitase música por detrás, o camareiro irrumpiu na conversa unhas
cantas veces, etc.
sábado, 18 de enero de 2014
Pequena reflexión
Podo
dividir a miña familia en dous grupos:
Os primeiros, os
da miña familia materna, que serían os que viviron
toda a súa vida no campo, e o que isto significa: Unha vida dedicada ao
traballo no campo, unha vida bastante dura.
Os segundos, os
da miña familia paterna, que viviron practicamente
toda a súa vida na cidade, o cal, desde o meu punto de vista e moito mais fácil
e entretido.
Despois de facer
un contraste coas dúas familias penso que para vivir como os meus antepasados
maternos non valería demasiado, ou polo menos non me agradaría demasiado vivir
a vida que viviron eles.
Aprendín
bastantes cousas, detalles en particular das vidas dos meus antepasados que non
sabía, aínda que, como xa dixen vexo a todos os que lles fixen unha entrevista
con regularidade, as cales son persoas, pequenas persoas que teñen as súas pequenas
historias, as cales pouquiño a pouquiño van conformando esa gran historia que
aparece reflexa nos libros.
Felisa Mallo, a dos 95 anos
Esta é a última
das miñas entrevistas. Trátase de Felisa Mallo, a miña tía-avoa materna, e
dicir, a tía da miña nai. Ela ten 95 anos e vive coa miña avoa Mabel (fíxenlle
unha entrevista a ela na entrada anterior), en Bañobre.
Esta penso que
foi a entrevista que mais me gustou, ou que mais me influíu, pero non sabería
explicar o por qué, non sei se é porque vouna perder proximamente, porque fun
coa que mais tiven que participar na entrevista, porque segue conservando eses
aires alegres a pesar da súa idade..
Na entrevista pregúntolle
sobre a Guerra Civil. Ela tiña 15 anos cando empezou. O seu irmán Pepe (o defunto
marido da miña avoa Mabel), combateu na Guerra Civil no bando franquista fora
de Galicia. Felisa di que estivo preso durante tres días por parte dos malos, así que supoño que serían os
republicanos, xa que ela non mo soubo dicir. Tamén intentou ser monxa, pero ao
final acabouno deixando.
Non tiña pensando
facerlle a entrevista a ela, debido a que ultimamente ten bastantes problemas
para moverse, pero alégrome de facelo, xa que terei un bo recordo de ela, aparte
de ser, como xa dixen antes, a entrevista que mais gustoume.
Déixovos con ela:
Mabel Lage Mallo, a comerciante de Pontedeume
Esta vez fíxenlle
unha vídeo a miña avoa materna para que me falara da súa vida. Miña avoa chámase Maria
Mabel Lage Mallo e naceu no ano 1933. Viviu toda a súa vida no campo, na aldea
de Bañobre, preto de Miño, traballando nas leiras, traballando con animais,
vendendo parte das colleitas en Pontedeume. Para vender no mercado de
Pontedeume desprazábase andando e cargando con todo o que levaba. De Miño a
Pontedeume hai ben uns 12 quilómetros, así que a verdade ten o seu mérito facer
ese traxecto todos os días. É mais, cando está vendendo na praza, dáse conta de
que unha das mulleres as que vendíalle con regularidade era a nai do meu pai, e
así foi como se coñeceron. Cóntao no vídeo. Tamén coñecerá alí a alguén que ten
bastante que ver coa persoa de Franco, xa veredes. Tamén conta cousas sobre o seu
marido, a Guerra, e os seus fillos, netos, etc...
Non me gustaría
vivir a súa vida a verdade. Traballar no campo, non creo que fora moi acorde
comigo, aínda cos tempos que vivimos quen sabe se haberá que retornar cara o campo...
Manuel Casteleiro, o currante da Ford
Novamente volvo a
facer outro vídeo co meu avó, Guillermo Casteleiro.
Como mis bisavós
paternos xa non viven e el sabe bastante cousas acerca deles, fíxenlle outra
entrevista para que falárame deles. O que chamoume a atención da historia é que
o meu bisavó traballou na fábrica Ford, en Detroit, xunto cando estaba no comercio o famoso Ford T....
Anteriormente tamén estivo en Cuba, e despois de estar en EE.UU., volveu a Galicia.
Anteriormente tamén estivo en Cuba, e despois de estar en EE.UU., volveu a Galicia.
Guillermo Casteleiro Fernández: Unha infancia no franquismo
Boas! Vos
presento ao meu avó Guillermo Casteleiro Fernández.
Fíxenlle unha entrevista
para que falárame das cousas que recordaba sobre a Guerra Civil (que por
desgraza son poucos, debido a que naceu nese mesmo ano, no 36), e sobre outros
detalles da súa vida na etapa franquista.
Xa dende sempre,
teño unha boa relación con el, todas as semanas véxoo unhas dúas veces, xa que
ben comer a miña a casa, e a casa dos meus avós maternos, así que moitas
historias das que conta xa as sabía, en especial, a do cine. A min gústame
moito o cine, e tenme moitas veces contado como era na época, e como el e os
mais seus amigos ían a facer de todo ao cine, menos a ver as películas que
proxectaban. Típico da época. Tamén contoume que os cines sempre tiñan unhas
colas inmensas (ao contrario que agora), cando por exemplo, emitían películas
dos irmáns Marx. Comento isto, porque cando era pequeno, o meu avó regaloume a
película “Os irmáns Marx no Oeste”, a cal e unha película que me encanta e
sempre que a vexo acórdome del, como supoño que seguirei facendo cando el xa
non este.
Aquí a
entrevista:
Por outra banda
pedinlle que trouxera unhas fotos da época, que lle gustaran.
Neste vídeo, ensínaas
e coméntaas:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

